Josefina López de Serantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josefina López de Serantes
Josefina López de Serantes. Año 1995.png
Nome completo Josefina López González
Alcume Josefina López de Serantes
Nacemento 4 de xuño de 1922
  A Coruña
Falecemento 3 de maio de 1998
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación escritora e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Josefina López González nada na Coruña o 6 de abril de 1922 e finada na mesma cidade o 5 de marzo de 1998, foi unha escritora galega de novela rosa, biografías, poesía e artigos de prensa en castelán e galego, máis coñecida como Josefina López de Serantes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosefina.06.jpg

Foi filla do escritor Jesús López Castiñeira e irmá de María Teresa López, tamén escritora baixo o pseudónimo de Águeda de Vianney.[1]

Josefina comezou a escribir contos infantís. O seu primeiro texto publicado é o conto “La Leyenda del Crisantemo”, publicado na revista Flechas y Pelayos en 1943. Nese mesmo ano casou con Eduardo Serantes Pedreira, empregado da Cámara de Comercio, e desde entón usou o nome de Josefina López de Serantes. Usou tamén os pseudónimos de Fides, Una Hija, La Esposa de Uno, Josephine Lodeser, Penélope, Mireya, Cruceiro, V. Mareiro e Graciela.

Colaborou en publicacións como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Noche, La Región, A Nosa Voz e revistas como Lecturas, Hogar y Moda, Salmo, Mujer, La Toja, Siluetas e La Tabaiba. Tamén escribiu guións para emisoras de radio como Cadena Ser, Radio Nacional de España, E.A.J. 41, Radio Barcelona e Radio Juventud.

Despois da morte do seu home escribiu poesía, vinte poemas en galego e 12 en castelán, dos cales 26 están dedicadas ao seu marido.

Comezou a estudar galego de maior:

Dende ista mañán de domingo, penso que vou falar sempre con Deus na nosa fala, moi despaciño, con toda a sinceridade da miña alma, todos os días. E non séi porqué, mais sinto unha paz e unha dozura que me fai comprender que endexamáis deixaréi de ser escoitada.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Tiveron sete fillos: Quincho (1944-1996), Marifí (1948), Carmen (1951), Chary (1953), Eduardo (1955), Suso (1958) e Gerardo (1962).

Obra[editar | editar a fonte]

A autora escribindo no libro de actas do Concello de Ferrol, 1997.
  • Orgullo vencido (novela, 1948)
  • Deber sagrado (novela, 1952)
  • Un sueño de amor (novela, 1952)
  • El misterio de Foretmer (novela, 1955)
  • Volvieron en primavera (novela, 1962)
  • Una mujer sola (teatro, 1966)
  • El buen Papa Juan (biografía de Xoán XXIII; Editorial Mateu, 1967)
  • Siempre hay esperanza (teatro, 1977; comedia en catro actos e un cadro)
  • Benito Vicetto iñorado (biografía de Benito Vicetto; Alvarellos Editora, 1978)
  • Empezar a vivir (autobiografía; Ediciones Hymsa, 1985; inicialmente escrita co título de Yo conocí a Marcela)
  • Brilla una luz (novela, 1983)
  • Vida e morte dun poeta (biografía de Francisco Añón Paz; Venus Artes Gráficas, 1986)
  • El enigma del gran Almirante (biografía de Cristovo Colón; edición de Eduardo Serantes López, 2013)
  • Terra e Mar (escolma de artigos xornalísticos e poéticos; Editorial Círculo Rojo, 2015)
  • Ráfagas (escolma de artigos e contos; edición de Eduardo Serantes, 2016)
  • Retrincos (escolma de artigos e relatos; edición de Eduardo Serantes, 2017)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Finalista do Premio Pérez Lugín en 1981 por Nuestro idioma, lengua de reyes y sabios
  • Premio Rosalía de Castro do Concello de Corcubión en 1984 por Nuestro idioma y nuestras letras
  • Premio La Tabaiba de Oro de Las Canarias en 1985 por El viejo de las mondas
  • “Cuentos del Domingo” de El Ideal Gallego en 1949 por “La vieja Miqueira”
  • Torre de Marfil de radio E.A.J. 41, 1950
  • “Cartas de Amor” da revista España semanal en 1951 por Carta de amor
  • Cadena Ser. Programa Vosotras, 1958 por Volvieron en primavera
  • Premio Bodas de Oro de La Región en 1960 por El Balandro
  • Premio de RNE na Coruña polo guión Celos, maio de 1960
  • Accésit Premio FENOSA en 1969 por El Electrón
  • Xogos Florais de Oleiros 1976 por Mrs White en Oleiros
  • Accésit Premio López Cortón de Cedeira en 1976 por Don José Pascual López Cortón
  • Accésit Premio Xornalístico de Cedeira 1980 por Uno de los hijos más preclaros de Cedeira
  • Premio Toxo de Prata do Real Coro Toxos e Froles en 1995 pola súa achega á recuperación do escritor Benito Vicetto[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Josefina López de Serantes, biografía en BiblioRomance (en castelán).
  2. "As mulleres na Real Academia Galega", artigo de Rosario Álvarez Blanco, 17 de maio de 2008.
  3. Toxos de Prata, na web do Real Coro Toxos e Froles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Xosefina", artigo de María José Castro López en La Voz de Galicia, 17 de maio de 2001.