Antonio Neira de Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Neira de Mosquera
Antonio Neira de Mosquera.jpg
Nacemento 19 de marzo de 1818 e 1823
  Santiago de Compostela
Falecemento 18 de setembro de 1853
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Neira de Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1823 e finado na Coruña o 9 de xullo de 1854, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou nos periódicos Revista de Galicia, El Recreo Compostelano xunto a Antolín Faraldo e La Situación de Galicia co pseudónimo de doctor Malatesta. Fundou e dirixiu El Eco de Galicia.

Portada do num. 2 de El Recreo Compostelano, 26 de xaneiro de 1842.

Estreou na Coruña con éxito o drama La razón de la sinrazón. Trasladouse a Madrid en 1846 e foi redactor de El Tío Vivo (1845), El Imparcial e El Censor de Prensa. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos sobre Galicia que lle serviron de base para as Monografías de Santiago, colección de cadros históricos, políticos, costumistas, de arte, tradicións e lendas. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. É autor da novela romántica Un ángel caído, posible biografía de Mariano José de Larra. Figura en Los españoles pintados por sí mismos con "El gaitero gallego", ao que describe como un narrador de contos e alcaiote de amores difíciles, animador de misa e romarías, nunca falta en festas patronais, vodas e magosto. Foi membro da Real Academia da Historia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El día 24 de julio de 1840, 1840.
  • El Moribundo, 1841.
  • La marquesa de Camba, 1842.
  • Infracción periodística, 1843.
  • La Marquesa de Camba y Rodeiro, 1845.
  • Las ferias de Madrid, 1848.
  • Un ángel caído, 1848.
  • Monografías de Santiago, 1850.
  • El reinado de las musas, 1851.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]