Saltar ao contido

Antonio Lorenzo Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Lorenzo Sánchez
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1920 Editar o valor en Wikidata
Ribeira Editar o valor en Wikidata
Morte1989 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor Editar o valor en Wikidata

BUSC: 981013402652407712

Antonio Lorenzo Sánchez, nado en Ribeira o 5 de marzo de 1920 e finado en Madrid cara a 1989, foi un tradutor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e pensionado en Tolosa, e Dereito en Barcelona. Foi oficial piloto de Aviación Militar. Pertenceu á carreira xudicial e fiscal, na que ingresou por oposición. Foi xuíz comarcal de Friol en 1949,[1] fiscal de paz de Larache (1950) e secretario do Xulgado Municipal número 25 de Madrid (1952).[2]

En 1951 gañou un premio no Centro Galego de Madrid co ensaio La lengua gallega de Curros.[3] Vinculado ao Centro Galego de Barcelona, dirixiu o órgano de prensa da colectividade, a revista Alborada, nos anos cincuenta, na que publicou, co pseudónimo Amaro Chaín[4] unha versión ao galego dos capítulos I e IV do Cantar dos cantares traducida a partir do latín, co título "Dous analeitos da versión galega de A Cantiga das Cantigas". Logo refixo esta versión de 1952, a partir do hebreo, coa axuda de José María Fórneas. En 1956 publicou con Ramón Cabanillas o libreto Macías o namorado, con música do mestre Maiztegui.[5]

  • Macías o Namorado. Poema escénico, Galaxia, 1956.
  1. ↑ La Voz de Galicia, 20-10-1949, p. .
  2. ↑ ABC, 12-7-1952, p. 25.
  3. ↑ ABC, 10-5-1952, p. 28.
  4. ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: a". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-06.
  5. ↑ "Un tradutor de Ribeira", La Voz de Galicia, Barbanza, 28-9-2007, p. l8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alonso Montero, Xesús (2004). "Escritores galegos, letras galegas en Madrid: a tertulia do café Lyon d’Or (1952-1954)". Madrygal (7): 11–30.