María Manuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Manuela
María Manuela nos III encontros de pintura e poesía de Culleredo 2010.
Nome María Manuela Díaz Orjales
Nacemento 1945
Lugar Ferrol, Galicia Galicia
Nacionalidade galega
Eido Pintura
Movemento Expresionismo

María Manuela Díaz Orjales, chamada María Manuela, nada en Ferrol en 1945, é unha cantante e pintora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical en solitario, coa gravación dun sinxelo en 1974, que incluía as cancións Pedro Chosco e Ana Mariña. O seu primeiro longa duración foi ao ano seguinte, Cantigas ao meu xeito.

Casada dende 1968 co tamén músico Miguel Tranquilo, formou parella musical con el e gravou seis LPs máis, outros dous no ano 1977, Idioma Meu e Panxoliñas, e no ano 1979 Cantigas para nenos e neneiros. Máis tarde no ano 1982 gravou o disco Ergueremo-la espranza. Máis adiante colaboraron coa peza A mulata Coromoto nun disco dedicado ao poeta Celso Emilio Ferreiro no ano 1989. Nos primeiros anos 90 tiraron do prelo dous álbums máis, Barco na Alba, que incluía dúas pezas compostas pola propia María Manuela sobre cantigas medievais, e mais Imos cantar xuntos, disco de música infantil realizado en colaboración co grupo Ledicia do colexio Manuel Masdías de Caranza.

No ano 1999, logo do falecemento do seu home no mes de setembro de 1998, continuou a súa carreira en solitario cun CD dedicado ao seu home ("Para Miguel"), e colaborou na gravación do disco "SempreMar" do colectivo "Burla Negra".

Como pintora, ten unha longa traxectoria nunha creación colorista e expresionista, fundamentalmente na pintura ao óleo e como debuxante. Expuxo nas salas de Caixa Galicia en Ferrol e Santiago de Compostela, no Círculo Mercantil de Vigo e no Forum des Arts de Lorient e en numerosos lugares ao longo da xeografía galega, española e europea.

Forma parte do colectivo de pintores ARGA.

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • 1974, Pedrochosco / Ana Mariña (single)
  • 1975, Cántigas ao meu xeito (LP, Polydor)
  • 1977, Idioma meu (LP, Zafiro)
  • 1977, Cántigas para nenos e neneiros (LP, Zafiro)
  • 1999, Para Miguel (CD, Boa Music)

Con Manuela e Miguel[editar | editar a fonte]

Colaboracións e traballos colectivos[editar | editar a fonte]

  • Panxoliñas nas voces Maria Manuela e Xoán Rubia (1977), xunto con Xoán Rubia.
  • 1989, Homenaxe a Celso Emilio.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Un dos seus fillos, Xurxo Varela, tamén é músico, mentres que Miguel Anxo Varela é pintor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]