Xosé Porto Matalobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé de Valbuxán»)
Xosé Porto Matalobos
Nacemento7 de xuño de 1927
Lugar de nacementoA Estrada
Falecemento12 de maio de 2009
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
PaiPerfecto Porto Fraiz
Na rede
AELG: 67
editar datos en Wikidata ]

Xosé Porto Matalobos, nado na Estrada o 7 de xuño de 1927 e finado no mesmo concello o 12 de maio de 2009, foi un escritor, xornalista, dinamizador cultural galego, e procurador dos tribunais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Perfecto Porto Fraiz. Naceu nunha casa da rúa Fernando Conde, o seu pai chegou a ser concelleiro durante a Segunda República.

Poeta e narrador. Dedicado vocacionalmente á música galega, en especial á tradicional e popular, foi cronista da Estrada, e dinamizador de múltiples iniciativas na súa vila natal. Colaborou en La Noche e foi vogal do Pedrón de Ouro e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, así como da Real Academia Galega. Exerceu tamén o xornalismo en radio e televisión. Foi un dos fundadores de Radio Estrada a finais da década de 1950, e foi correspondente da Cadena SER na zona baixo os pseudónimos de Pedro da Laxe e Pepe da Rocha. Finou na Estada o 13 de maio de 2009.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Sabrexo con Socorro Taboada Ruza en 1956,[2] e foi pai de José Andrés Porto Taboada.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Estrada despide hoxe a Xosé Porto Matalobos, galeguista, académico e cronista radiofónico", artigo en La Voz de Galicia, 14 de maio de 2009.
  2. La Noche, 4-6-1956, p. 5.
  3. La Noche, 22-4-1957, p. 4.