Xoán Martínez Tamuxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Martínez Tamuxe
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
O Rosal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeErundina Barbosa
Fillostres

Dialnet: 1719002

Juan Bautista Martínez González, coñecido como Xoán Martínez Tamuxe, nado no Rosal o 29 de novembro de 1930, é un historiador, arqueólogo e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos eclesiásticos nos Seminarios Menor de Tui (Filosofía) e Maior de Vigo (Teoloxía) que rematou en 1960. En 1974 matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Historia. Secularizouse en 1975-76. En 1977 comezou a traballar como secretario da Cámara Agraria Local da vila do Rosal. En 1979 foi nomeado encargado do Conxunto Histórico de Santa Trega e Conservador do Museo Arqueolóxico. Exerceu, así mesmo, como profesor en escolas e academias de Ponteareas, A Guarda e Baiona.

É cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño (1968), do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui (1974), da Biblioteca, Museo Etnográfico e Boletín Histórico Cultural do Concello do Rosal, do Instituto de Estudos da Paradanta e Condado do Tea (2003). É membro do Instituto Padre Sarmiento (Sección de Arqueoloxía) de Santiago de Compostela (1979), da Asociación Colegial de Escritores de España (1982), Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén de Pontevedra (1983), Membro colaborador do Departamento de Prehistoria da Universidade de Santiago (1984). Dende o ano 2007 é o presidente do Instituto de Estudios Tudenses.

Escudo do Rosal, realizado por Xoán Martínez Tamuxe

É o autor do actual escudo do concello do Rosal.[1]

Premios e outros méritos[editar | editar a fonte]

Ten o premio literario I Certame Xornalístico da Cidade de Tui (1973). É Colaborador da prensa e das revistas do Museo de Pontevedra, da do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui, de Pontevedra Arqueolóxica, e do Pregón e Soberosum de Ponteareas.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Vía romana "per loca marítima" por el Bajo Miño y Costa Atlántica (1975)
  • Manifestaciones Rupestres en el Monte de Santa Tecla (1980)
  • Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla (1983)
  • Aportación al estudio de la típica esvástica del Alto Miño luso-galaico (1986)
  • Contos de Manuel da Ventosela. Edición crítica (1991)
  • Nuestra Señora de la Salud: Historia, devoción y arte de San Juan de Tabagón (1993)
  • Artístico Vía Crucis del Monte de Santa Tecla, obra del laureado escultor valenciano, Vicent Mengual (1994)
  • La ermita de San Gregorio, su historia y tradicional feria-romería (1996)
  • Parroquia de San Miguel de Vilasuso (en colaboración, 1996)
  • D. Juan Domínguez Fontela, notable historiador e ilustre guardés (1998)
  • Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño I. Concello do Rosal (1999)
  • Parroquia de San Lorenzo de Salcidos: aproximación histórica (2001)
  • O aceite en Galicia: guía das lagaretas castrexo-romanas, medievais e modernas (en colaboración, 2003)
  • O Heraldo Guardés, a Imprenta Guttemberg e o seu director José Darse (2004)
  • Novos poemas de Manuel da Ventosela en galego e castelán (en colaboración, 2007)
  • Memoria Histórica da capela da Madanela no Monte da Pedrada e vestixios dunha fortaleza (2007). Con Juan Ramón Martínez Barbosa.
  • Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme, 2008, Comunidade de Montes de Baíña. Con Juan Ramón Martínez Barbosa.
  • Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal, 2009, Deputación de Pontevedra. Con Juan Ramón Martínez Barbosa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Rosal xa conta co seu escudo e bandeira municipais legalizados". Noticias O Rosal. Arquivado dende o orixinal o 26-03-2020. Consultado o 31-8-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]