José Baña Pose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pepe de Xan Baña»)
Infotaula de personaJosé Baña Pose
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1872 Editar o valor em Wikidata
Santa Comba, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1945 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

José Baña Pose, coñecido como Pepe de Xan Baña, nado en Varilongo (na parroquia de Santa Sabiña do concello de Santa Comba) o 4 de xaneiro de 1872 e finado na Habana o 16 de outubro de 1945, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asistiu a escola intermitentemente durante tres anos ata que o 17 de agosto de 1889 emigrou á Habana. Comezou traballando nunha adega, e despois estudou para cura, abandonando os estudos cando lle faltaba moi pouco para rematar. Acadou o título de mestre de instrución pública, e con el impartiu docencia en diversos lugares de Cuba, sendo o seu derradeiro destino a escola do barrio de Cayajabos, preto de Artemisa, na provincia de Pinar del Río. Colaborou literariamente no Diario de la Marina e participou no ambiente cultural do Centro Galego da capital cubana. Mantivo amizade con Manuel Curros Enríquez. Viaxou a Galicia en 1921, cando contaba con 49 anos. Pasou os últimos anos na sociedade La Benéfica, da que era socio de honra e na que recibiu todas as atencións e coidados médicos necesarios. Os seus restos descansan no Panteón do Centro Galego do Cemiterio de Colón da cidade da Habana.

Case sempre escribiu en galego.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba: Vindicación, 1921.
  • Suspiros n’a terriña: depois de trinta e dous anos d’a Habana, 1922.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O colexio de primaria de Traba, na parroquia de Xallas de Castriz, unha asociación veciñal en Santa Sabiña e unha rúa en Santa Comba levan o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Froxán Rial, Manuel; Ferreiro García, Ramón (1994). Concello de Cabana, ed. A vida e obra de Pepe de Xan Baña. Cabana de Bergantiños. Consultado o 10 de maio de 2013. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]