Xan da Coba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xan da Coba
D. Juan de la Coba Gómez (Orense).jpg
En 1897 Taxes –Xesta– fai un debuxo de Juan de la Coba, para Galicia Moderna, no que coloca de fondo un par de pancartas nas que figuran os títulos das obras escritas por este.[1]
Datos persoais
Nacemento 30 de marzo de 1813
Falecemento 9 de novembro de 1899
Actividade
Lingua Castelán e galego
Xéneros Poesía, teatro

Juan María de la Coba Gómez,[1] nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego. Un dos animadores máis excéntricos da vida cultural de Ourense.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba, “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Inventou tamén unha lingua, o trampitán. Escribiu dúas pezas teatrais en galego. O contido das súas obras era de calidade pésima e carentes de acción e de interese.[3]

Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura.[4][5]

Obras[editar | editar a fonte]

El Gracioso.
  • La Galiciana, 1861.
  • María Pita, 1863.
  • Avisos al labrador principales nociones de agricultura, 1867.
  • Grandes consejos: obra literaria de instrucción moral y recreativa, 1876.
  • Desengaños : obra moral y en verso contra el crimen, 1880.
  • Guerra en Melilla, 1888
  • Una permuta fatal, 1889
  • Juanita y Juan, 1890
  • Cervantes, 1894
  • Batalla de Lepanto, 1894
  • La trampitana, 1895
  • El conde y marqués, 1896
  • Cuba es de España, Razones de la ley, 1896
  • La fidelidad, 1897

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]