Lito Portela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLito Portela
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Coiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , pintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

José Ángel Portela Calvar, máis coñecido como Lito Portela, nado en Coiro (Cangas) en 1958, é un pintor e escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escultura de Lito Portela no facho de Donón.

Lito Portela mudouse de novo coa súa familia á parroquia de Tirán, no concello de Moaña.

Estilo[editar | editar a fonte]

Cando pintaba ao óleo con cores terra e verdes marcaba as pegadas das follas das árbores nos seus cadros. Despois pasou á escultura; súa é a caracola de aceiro inoxidable da Costa da Vela (Cabo Home) en Donón. As súas últimas obras mostran formas que fan referencia ao mar: mexillóns, flotadores, ourizos de mar, ovos de raia... Adoita utilizar como material poliéster cromado con esmalte metalizado, como o dos coches.

Lito Portela pertence ao colectivo A carón do mar, formado por artistas do Morrazo. Dispoñen dun local en Cangas e organizan actos relacionados co mundo da arte e da pintura, en particular.

Obras[editar | editar a fonte]

A súa obra xa percorreu diversos museos e salas de exposición en Galicia e fóra dela.

Exposicións individuais[editar | editar a fonte]

  • Galería Apo'strophe en Vigo.
  • Galería Metro en Santiago.
  • Galería E M C en Santiago.
  • Galería A carón do Mar en Cangas.
  • Galería Sargadelos de Vigo.
  • Galería Minotauro en Santiago.
  • Galería Sargadelos de Ourense.

Exposicións colectivas[editar | editar a fonte]

  • Exposición itinerante Proxecto Home.
  • Art Madrid. Galería Metro. Madrid
  • Ponte da Lima. Portugal
  • Dez Anos de Arte no Morrazo. Cangas.
  • Parlamento de Europa. Bruxelas.
  • Evento 6.0. Porto.
  • Sentidos gratis”. Coímbra.
  • Expolemos. Monforte.
  • Exposalnés. Cambados
  • Bienal Internacional de Vilanova de Cerveira.
  • IV Bienal Pintor Laxeiro de Lalín.
  • Galería Obelisco. A Coruña.
  • Galería Sargadelos. Pontevedra.

Museos e Coleccións[editar | editar a fonte]

  • Deputación de Pontevedra
  • Colección Caixa Vigo, Pontevedra.
  • Museo Ramón Aller, Lalín, Pontevedra.

Obra pública[editar | editar a fonte]

  • Escultura Buguina en Donón.
  • Escultura Follas no edificio Avenida de Cangas.
  • Colaboración con X. Ríos en Barcos, Cangas.
  • Escultura Igualdade, nos xulgados de Cangas.
  • Colaboración con X. Ríos en Avión, Moaña.
  • Roseira brava no barrio do Rosal, Moaña.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1991 recibiu unha bolsa de Novos Valores da Deputación de Pontevedra.

Premios:

  • 1º Premio Certame de Pintura do Concello de Tui (Pontevedra). Ano 1994.
  • 1º Premio de II Bienal Albariño Gran Bazán. (Pontevedra). Ano 1995.
  • 3º Premio Ademar Champañat. Ano 1996.
  • 1º Premio de Pintura Artistas do Morrazo. Cangas. (Pontevedra). Ano 1997.
  • 1º Premio Conxemar de Pintura. Vigo (Pontevedra). Ano 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]