Diocese católica latina de Ourense
Diocese católica latina de Ourense | |
---|---|
Datos xerais | |
Erixida | Século V |
Sufragánea de | Santiago de Compostela |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa latina |
Igrexa | Igrexa católica |
Ritos | Rito romano |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Bispo | Leonardo Lemos Montanet |
Outros datos | |
A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet[1].
Xurisdición[editar | editar a fonte]
A diocese comprende a provincia de Ourense agás a comarca de Valdeorras, pertencente á diocese de Astorga. Abrangue 5.281 km², e a súa sé está na cidade de Ourense, na catedral de San Martiño. Reúne 735 parroquias, agrupadas en 28 arciprestados.
Historia[editar | editar a fonte]
Moitos dos seus arciprestados fan referencia a pobos prerromanos, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. A data de creación da diocese é incerta, pero tradicionalmente vénse considerando no ano 433, cando un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo. A primeira datación documentada é no ano 572, cando o bispo Vitimiro participa no Segundo Concilio de Braga. Nese momento a diocese era sufragánea de Lugo.
Trala conquista de Ourense por parte dos árabes no 716 a diocese foi suprimida, restablecéndose no 881. Con todo, non se sabe nada desde o ano 986 até o 31 de xullo de 1071, cando foi restablecida por segunda vez co bispo Edoronio, e como sufragánea da arquidiocese de Braga. Pasou a formar parte da arquidiocese de Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 1120. A catedral foi consagrada o 4 de xullo dese mesmo ano. En 1804 fundouse o seminario diocesano, baixo a advocación do Divino Mestre.
Administrativamente, a parroquia de Lamadarcos foi anexada a Portugal en 1868 coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864. Porén, seguiría baixo o dominio do bispado ourensán até 1882, cando, co obxectivo de facer coincidir os límites civís cos relixiosos, se executou unha bula do ano anterior pola cal era incorporada á arquidiocese de Braga. Nesta mesma bula tamén lle foi desmembrada a freguesía portuguesa de Tourém, que eclesiasticamente sempre pertenceu á diocese galega.[2] Foi precisamente nesta freguesía do país veciño onde, entre 1812 e 1814, se refuxiou o bispo Pedro de Quevedo y Quintano ó se negar a xurar a Constitución española de 1812. O mesmo fixo o seu sucesor, Dámaso Iglesias Lago, durante o Trienio liberal.[3]
En 1893 o bispo Cesáreo Rodrigo, após ter visitado as parroquias diocesanas todas, levou a cabo unha das máis importantes reformas parroquiais da diocese.[4]
Malia a bula de 1881, aínda restaban dentro dos límites eclesiásticos de Ourense as partes galegas das poboacións promiscuas de Cambedo e Souteliño da Raia, que tamén foran anexadas a Portugal no devandito tratado de Lisboa. Coa entrada do país portugués en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, Souteliño e Cambedo foron tamén incorporados ó arcebispado bracarense en 1914.[5]
Os límites da diocese volveron ser modificados, na parte que lindaba coa diocese de Tui-Vigo, en outubro de 1954 para facelos coincidir aproximadamente cos da provincia administrativa.
Datos[editar | editar a fonte]
A finais de 2015 había 278.909 bautizados, sobre unha poboación de 284.492 persoas, o 98,1 % do total.
ano | poboación | sacerdotes | diáconos | relixiosos | parroquias | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
bautizados | total | % | total | clero secular |
clero regular |
bautizados por sacerdote |
homes | mulleres | |||
1950 | 408.565 | 410.260 | 99,6 | 572 | 520 | 52 | 714 | 85 | 263 | 684 | |
1970 | 380.335 | 381.061 | 99,8 | 634 | 560 | 74 | 599 | 109 | 504 | 656 | |
1980 | 385.200 | 386.000 | 99,8 | 558 | 480 | 78 | 690 | 124 | 351 | 734 | |
1990 | 316.513 | 317.628 | 99,6 | 482 | 427 | 55 | 656 | 89 | 315 | 737 | |
1999 | 311.715 | 312.450 | 99,8 | 420 | 379 | 41 | 742 | 109 | 358 | 735 | |
2000 | 311.670 | 312.400 | 99,8 | 412 | 372 | 40 | 756 | 117 | 354 | 735 | |
2001 | 310.795 | 311.530 | 99,8 | 404 | 366 | 38 | 769 | 101 | 349 | 735 | |
2002 | 311.652 | 312.400 | 99,8 | 396 | 359 | 37 | 787 | 97 | 346 | 735 | |
2003 | 314.107 | 315.407 | 99,6 | 396 | 360 | 36 | 793 | 97 | 357 | 735 | |
2004 | 314.107 | 315.407 | 99,6 | 393 | 358 | 35 | 799 | 79 | 352 | 735 | |
2013 | 285.506 | 294.746 | 96,9 | 333 | 308 | 25 | 857 | 75 | 318 | 735 | |
2016 | 278.909 | 284.492 | 98,1 | 305 | 266 | 39 | 914 | 85 | 328 | 735 |
Lista de bispos[editar | editar a fonte]
Estes foron os bispos da diocese ao longo da historia:

Bispos primitivos[editar | editar a fonte]
- Vitimiro de Ourense ou Güitimiro (ca. 570)
- Lupato (ca. 589)
- Theodoro (ca. 610)
- David (ca. 633 a 638)
- Gaudisteo (ca. 646 a 650)
- Somna (ca. 653 a 655)
- Alario ou Hilario (ca. 675 a 683)
- Maydo (ca. 802)
- Adulfo (c. 820)
- Sebastián (877-881)
- Genserico (ca. 884)
- Sumna (886-890)
- Egila (ca. 900)
- Estevo (ca. 905)
- San Asurio (ca. 915-922)
- Diego I (942-958)
- Fredulfo (962)
- Gonzalo (964)
- Diego II (974-977)
- Vimarano (ca. 986)
Bispos dependentes da arquidiocese de Braga[editar | editar a fonte]
- Edoronio (1071-1088)
- Pedro (1088-1096)
- Diego III (1100-1132)
- Martiño (1132-1156)
- Pedro Seguín (1157-1169)
- Adán (1169-1173)
- Afonso (1174-1213)
- Fernando Méndez (1213-1218)
- Lourenzo (1218-1248)
- Xoan Díaz de Ourense (1249-1276)
- Pedro Eans (1286-1308)
- Rodrigo Peres (1310)
- Gonzalo Daza e Osorio (1311-1319)
- Gonzalo Peres de Novoa (1320-1332)
- Vasco Peres Mariño (1333-1343)
- Álvaro Pérez de Viedma (1343-1351)
- Juan Cardallac (1351-1361)
- Afonso Peres Noia (1362-1367)
- Juan García Manrique (1368-1376)
- García (1379-1382)
Bispos dependentes da arquidiocese de Compostela[editar | editar a fonte]
- Pascual García (1383-1390)
- Diego Anaya Maldonado (1390-1392)
- Pedro Díaz (1392-1408)
- Francisco Afonso (1409-1419)
- Alfonso de Cusanza (1420-1424)
- Álvaro Pérez Barreguín (1424-1425)
- Diego Rapado (1425-1443)
- Juan de Torquemada, O.P. (1443-1445)
- Pedro Silva (1447-1462)
- Alonso López de Valladolid (1466-1469)
- Diego de Fonseca (1471-1474)
- Antonio Pallavicini Gentili (1486-1507)
- Administrador apostólico: Pietro Isualles (1508 - 1511, finado)
- Administrador apostólico: Orlando Carretto della Rovere (1511 - 1512, finado; tamén arcebispo de Aviñón)
- Fernando Valdés (1530-1532) (tamén bispo de Oviedo)
- Rodrigo Mendoza Manrique (1532-1537) (tamén bispo de Salamanca)
- Antonio Ramírez de Haro (1537-1539) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo)
- Fernando Niño de Guevara (1539-1542) (tamén bispo de Granada)
- Francisco Manrique de Lara (1542-1556) (tamén bispo de Salamanca)
- Francisco Blanco Salcedo (1556-1565) (tamén bispo de Málaga)
- Fernando Tricio Arenzana (1565-1578) (tamén bispo de Salamanca)
- Juan de Sanclemente Torquemada (1578-1587) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
- Pedro González Acevedo (1587-1594) (tamén bispo de Plasencia)
- Miguel Ares Canaval (1594-1611)
- Sebastián Bricianos, O.F.M. (1611-1617)
- Pedro Ruiz Valdivieso (1617-1621)
- Juan de la Torre Ayala (1621-1626) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo)
- Juan Venido Castilla, O.F.M. (1626-1631)
- Diego Zúñiga Soutomaior (1631-1634) (tamén bispo de Zamora)
- Luis García Rodríguez (1634-1637) (tamén bispo de Astorga)
- Juan Velasco Acevedo (1637-1642)
- Antonio Paiño Sevilla Osorio (1643-1653) (tamén bispo de Zamora)
- Alfonso de Sanvitores de la Portilla (1653-1659)
- José de la Peña (1659-1663)
- Francisco Rodríguez Castañón (1663-1667)
- Baltasar de los Reyes (1668-1673)
- Diego Ros de Medrano (1673-1694)
- Damián Cornejo (1694-1706)
- Juan Arteaga Dicastillo (11-IV-1707 - 17-IX-1707)
- Marcelino Siuri Navarro (1708-1717) (tamén bispo de Córdoba)
- Juan Muñoz de la Cueva, O.SS.T. (1717-1728)
- Andrés Cid de San Pedro Fernández, O. Cist. (1728-1734)
- Ramón Francisco Agustín Eura, O.S.A. (1738-1763)
- Francisco Galindo Sanz, O.M. (1764-1769)
- Alfonso Francisco Arango (1769-1775)
- Pedro Benito Antonio Quevedo y Quintano (1776-1818)
- Dámaso Egidio Iglesias Lago (1818-1840)
- Juan Manuel Bedoya (1847) (electo)
- Pedro José Zarandia Endara (1847-1851) (tamén bispo de Huesca)
- Luis de la Lastra y Cuesta (1852-1857) (tamén bispo de Valladolid)
- José Ávila Lamas (1857-1866)
- José La Cuesta Maroto (1866-1871)
- Cesáreo Rodrigo (1875-1895)
- Pascual Carrascosa Gabaldón (1895-1904)
- Eustaquio Ilundáin Esteban (1904-1920) (tamén arcebispo de Sevilla)
- Florencio Cerviño González (1921-1941)
- Francisco Blanco Nájera (1944-1952)
- Ángel Temiño Sáiz (1952-1987)
- Xosé Diéguez Reboredo (1987-1996) (tamén bispo de Tui-Vigo)
- Carlos Osoro Sierra (1996-2002) (tamén bispo de Oviedo)
- Luis Quinteiro Fiuza (2002-2010[6]) (tamén bispo de Tui-Vigo)
- Leonardo Lemos Montanet (2012-).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ourense terá bispo en febreiro tras dous anos sen el", artigo en La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2011.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, pp. 227-229.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, pp. 224-225.
- ↑ Catálogo da XXX Exposición Filatélica: mostra de coleccionismo San Martiño. Sociedade Filatélica Miño de Ourense. 2020. p. 43.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, pp. 231, 240.
- ↑ "Luis Quinteiro dice que siente 'pena' por abandonar la Diócesis de Ourense y 'alegría' por seguir en Galicia" Europa Press, 28 de xaneiro de 2010. (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Hernández Figueiredo, José Ramón (2014). "Apuntes sobre la geografía eclesiástica de Ourense: Tourém, Lama de Arcos, «Couto Mixto» y «Pueblos promiscuos»". Cuadernos de Estudios Gallegos, LXI (en castelán) (127). ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2014.127.07. Consultado o 24-6-2016.