Manuel Paz Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 Cambados, España |
Morte | 30 de decembro de 1938 (61/62 anos) O Porriño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Paz Varela, nado en Cambados en 1876 e finado no Porriño o 30 de decembro de 1938,[1] foi un mestre, médico e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gerardo Paz Casas, ordenanza da Deputación de Pontevedra, e Carmen Varela Carballo.[2] Estudou Maxisterio, traballou como mestre e custeou os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1899.[3] En 1904 obtivo a praza de oficial médico da Armada Española por oposición,[4] exerceu na Mariña durante un tempo e solicitou a separación do servizo. Trasladouse ao Porriño e obtivo a praza de médico municipal de Mos en 1907.[5] Fixo estudos sobre Eça de Queirós e publicou o libro La comedia lusitana. Colaborou en Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar, La Integridad, El Progreso, El Lince e El Pueblo Gallego. Utilizou o pseudónimo Xan d'Outeiro para as súas colaboracións na prensa. Foi vicepresidente da sección de literatura do Ateneo de Vigo. Deixou escritas tres novelas en portugués.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- De la comedia lusitana. Apuntes para una historia de la revolución portuguesa, 1911.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O concello do Porriño dedicoulle unha rúa.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Enriqueta Domínguez Rodríguez, e foi pai de cinco fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-12-1938, p. 38.
- ↑ El Progreso, 14-11-1925, p. 4.
- ↑ Boletín de Medicina y Cirugía, 15-10-1899, p. 24.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 7-3-1904, p. 2.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 8-4-1907, p. 3.
- ↑ "Recuerdo de don Manuel Paz Varela" in El Pueblo Gallego, 27-9-1964, p. 17.
- ↑ Ficha en Galiciana
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 50.