Primitivo Rodríguez Sanjurjo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1880 Ourense, España |
| Morte | 20 de decembro de 1947 Lugo, España |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Narrativa |
| Familia | |
| Cónxuxe | Raquel Salgado |
Primitivo Elio Rodríguez Sanjurjo, nado en Ourense en 1880 e finado en Lugo o 20 de decembro de 1947, foi un intelectual e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procedía dunha familia de Pobra de Seabra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. En 1920 marchou a Estados Unidos de América para desempeñar unha cátedra de Literatura española do século XIX na Universidade Cornell, Ithaca, Nova York. Catedrático de instituto en Baeza e Ourense, en 1932 obtivo a praza de catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo.
Experto en mitoloxía e astroloxía (introduciu a Vicente Risco no orientalismo), e lector de Rubén Darío, Paul Verlaine e Charles Baudelaire, influíu nos membros da Xeración Nós, especialmente en Ramón Otero Pedrayo, cos que compartiu parladoiros e conferencias no Ateneo de Ourense.
Colaborou en La Centuria co pseudónimo de Beta Herculis. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]
Casou en 1921 con Raquel Salgado, filla de Francisco Salgado López-Quiroga,[1] e foi pai de Josefina Rodríguez Salgado.
Obras
[editar | editar a fonte]- Las mesetas ideales, 1910.
- Escenas de gigantomaquia, 1923.
- Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias, 1925.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vida Gallega, 5-11-1921, p. 18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Primitivo Rodríguez Sanjurjo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 231.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 390. ISBN 84-7492-465-0.
- Vázquez-Monxardín Fernández, A. e Arias Chachero, P. (2016): Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Julia Sáez Angulo (22/11/2010) "Primitivo R. Sanjurjo, profesor, escritor y académico gallego" lamiradaactual.blogspot.com (en castelán).