Heterónimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caricaturas dos heterónimos básicos de Pessoa
Alberto Caeiro
Alberto Caeiro
Alvaro de Campos
Alvaro de Campos
Ricardo Reis
Ricardo Reis
Pessoa-Bernardo Soares
Pessoa-Bernardo Soares

En crítica literaria, os heterónimos son os diversos nomes (diferentes de pseudónimos) asumidos por un mesmo escritor. Ao contrario dos pseudónimos, os heterónimos constitúen unha personalidade independente. O creador do heterónimo é chamado "ortónimo". Os máis coñecidos heterónimos son os do poeta portugués Fernando Pessoa: Alberto Caeiro, Álvaro de Campos ou Ricardo Reis. Tamén son destacables Ossian de James Macpherson, Heriberto Bens de Méndez Ferrín, Scardanelli de Hölderlin...

Na gramática tradicional, as palabras heterónimas son as que teñen raíz diferente mais que forman xuntas unha estrutura semántica, como os nomes de parentesco (nai, pai, nora, xenro etc.) os nomes de cor, os graos militares etc.