Manuel Simón Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Simón Campos
Nacemento1914
 Lavadores
Falecemento21 de maio de 1947
 Lavadores
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Manuel Simón Campos, Xanote, nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi repartidor de peixe no peirao do Berbés e militante do PCE. Mobilizado en 1936, desertou e permaneceu agochado. En 1938 integrouse no grupo de Rogelio García Morales O Maletas. En 1939 presentouse ao chamamento do Gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos, que prometeu unha amnistía, e pola súa condición de desertor foi obrigado a repetir o tempo do servizo militar. Destinado a un Rexemento con gornición en Zaragoza, aproveitando un permiso fuxiu de forma definitiva a mediados de 1941.

En 1943 contactou co PCE que pretendía organizar a guerrilla no sur da provincia de Pontevedra, creando o destacamento Paco Barreiro integrado na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. No grupo integráronse os fuxidos pola represión policial. Foi acusado co seu lugartenente Avelino Otero Montes da morte do falanxista de Cabral Eusebio Lago Campos acontecida o 30 de xaneiro de 1947.[1] Morreu o 21 de maio de 1947 nun enfrontamento coa Garda civil preto de Lavadores. Con el faleceu Avelino Otero Montes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 9-4-1947, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 130. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]