Teolindo Cortiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teolindo Cortiña
Nacemento1884
 Toldaos, O Incio
Falecemento29 de maio de 1972
 Toldaos, O Incio
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote católico e poeta
editar datos en Wikidata ]

Teolindo Cortiña Toural, nado en Toldaos (O Incio) en 1884 e finado na mesma parroquia o 29 de maio de 1972,[1] foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi párroco rural en Sirgal e despois en Penas, no concello de Monterroso, nas súas obras empregou o pseudónimo de Antón de Sirgal. Foi cofundador e colaborou en El Eco del Ulla, o periódico do agrarismo católico editado nos anos vinte en Monterroso. A súa obra céntrase na loita contra o caciquismo e no apoio ao réxime franquista con escasos méritos literarios, compensándoo co emprego dunha lingua popular moi rica.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Caciquismo en solfa, 1923 (versos).
  • Recordando tempos con mor de outros tempos, 1957 (versos).
  • Os caciques e a "nena". Segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco, 1966 (versos).
  • Sopeixos, 1995.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 29-5-1980, p. 26.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]