Manuel Lueiro Rey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de abril de 1916 Fornelos de Montes |
| Morte | 11 de outubro de 1990 O Grove |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, xornalista, funcionario |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | María Lores González |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:II, p.345-346) Diccionario biográfico español Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
| Sitio web | manuellueirorey.com |
Manuel Lueiro Rey, nado en Fornelos de Montes o 9 de abril de 1916 e finado no Grove o 11 de outubro de 1990, foi un escritor e xornalista galego. Formou parte da chamada Xeración do 36.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Albino Lueiro Soto, mestre, e mais de Adelaida Rey Couto. Aínda que naceu en Fornelos de Montes, por destino do pai, foi vivir ao Grove cando contaba con sete anos de idade. Con doce anos comezou a traballar nunha forxa, e aos 18 comezou a colaborar co periódico pontevedrés El País, que dirixía Roberto Blanco Torres. En outubro de 1935 foi sancionado con multa polo gobernador civil xunto cos veciños do Grove Francisco Bouzas Sánchez, Ramón Mandiás Merino, Anselmo Bernárdez Fernández, Ramón Álvarez Portela e José Torres Rodríguez por "dar berros subversivos e facer campaña aconsellando métodos de violencia".[2]
Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, para evitar a represión refuxiouse en Fornelos e no Portovilán, e finalmente decidiu alistarse no bando nacional. Trala fin da guerra regresou a Fornelos, e despois marchou a Madrid a preparar oposicións para auxiliar do corpo técnico do Ministerio de Facenda. Aprobounas en 1942, e en 1944 conseguiu praza en Pontevedra. En 1948 participou na reestrea da peza teatral Quen matou o meco?. Militou na clandestinidade no Partido Comunista.[3]
Escribiu na prensa co pseudónimo Gudea[4], e desde a posguerra colaborou en medios como Litoral, Diario de Pontevedra, La Noche, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Galicia, Correo Gallego, Diario de León, Diario Regional de Valladolid, ABC, La Hoja del Lunes, A Nosa Terra, Sonata, Cartel, Chan, Ínsua, Coordenadas, Dorna, Espiral ou Congostra. Colaborou tamén con Radio España Independiente.
Publicou varias obras en castelán. En 1966 consegue o Premio de novela Ciudad de Oviedo coa obra Manso.[5] O texto foi publicado en España en 1967, mutilado pola censura.[6] Apareceu en edición íntegra en Buenos Aires en 1968[a] e en 1996 foi publicada en galego pola Editorial Galaxia, con tradución de María Xesús Vidal Alves e limiar de Xesús Alonso Montero.
Viaxou a América en 1968, 1972 e 1978, onde contactou con Luís Seoane, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. O seu primeiro libro en galego foi Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (1971), ao que seguiu Non deberían medrar (1974), con prólogo de Seoane.
Na súa honra o Concello do Grove creou en 1992 o Premio de narrativa Manuel Lueiro Rey e o Concello de Fornelos de Montes creou en 2012 o Premio de poesía Manuel Lueiro Rey e en 2017 o Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou no Grove con María Lores González en xaneiro de 1944, e tiveron cinco fillos: Manuel (1945), Francisco (1948), Adela (1952), Víctor (1958) e Eugenio (1962).

Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (1971). Edicións do Centro de Betanzos. 2ª ed. en 1974: Ed. Moret, 63 páxs. e debuxo-capa de Luís Seoane
- Escolma ferida (1977). Sada: Ediciós do Castro. 88 páxs. ISBN 8485134389.
- Nova escolma ferida (1988). Sada: Ediciós do Castro. 82 páxs. ISBN 978-8474923643.
- Derradeira escolma ferida (2003). Vigo: Xerais, Clásicos galegos. 152 páxs. ISBN 978-84-8302-896-4. Edición de Ramón Nicolás.[7]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Non debían medrar (1974).[b] Sada: Ediciós do Castro. Reeditado en Xerais: 2016, 88 páxs. ISBN 978-84-9121-071-9.[8] Incluído na Biblioteca Galega 120, de La Voz de Galicia, con n.º 61.
- O sol na crista do galo (1982).[c][9] Sada: Ediciós do Castro. Reeditado en Xerais: 2003, 320 páxs., ISBN 978-84-8302-968-8.[10]
- Manso (1996). Vigo: Galaxia. 252 páxs. ISBN 978-84-8288-090-7. Escrito en castelán, foi traducido ao galego pola súa nora Susana Vidal. Prólogo de Xesús Alonso Montero.[11]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- O Grove: canción do sal e do vento (2005). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 9788497823814.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]
- Nacencia. Cuentos y poemas (1950). Vigo: Imp. Rol. 179 páxs. Publicado co pseudónimo Gudea.[d] Prólogo por Manuel Reboyras e ilustraciónss de Ernesto Goday Caamaño.
- Juncia de amor y vida (1959). Pontevedra: Colección Alba.
- Sonetos a la ciudad de Vigo (1960). Pontevedra.
- La noche espera el alba (1971). Buenos Aires: Botella al mar. Ilustrado por Luís Seoane.
- Vigo en tres paisajes (1990). Vigo. Reeditado en 2025: Ed. Elvira, ISBN 979-13-990985-3-2. Son trece poemas que parten de Sonetos a la ciudad de Vigo.[12]
- Camino de sueños (1992). Alborada Ediciones. ISBN 9789509912069.
- Memoria de la raíz de las casas (1992). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474926347.
- Mientras crece la hierba (1997). Puente de la Aurora. 65 páxs. ISBN 9788460563693.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Manso (1967). Oviedo;[5] Oberón, 1968;[a] Galaxia, 1996).
- Vicente y el otro (1968).[e] uenos Aires Editorial Oberón.
- Manos de ausencia (prosas) (1986). Madrid: Libertarias. ISBN 9788476830017.
- Un río que camina (1987). Orígenes. ISBN 9788485563807.
- Hundezelle y otras vidas maltratadas (1998). Póstuma. Barcelona: Ronsel. 208 páxs. ISBN 9788488413673.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Crónica de una transición intransigente (1985). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474922592.
Coordinador
[editar | editar a fonte]- Homenaxe a Luís Seoane: O Grove, abril 1980 (2001). Sada: Ediciós do Castro, Documentos. 152 páxs.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Casa de Galicia de Buenos Aires 1952 por Sinfonía de luz galaica.
- Premio Cidade de Vigo, por Sonetos a la ciudad de Vigo.
- Premio Cidade de Oviedo 1966, por Manso.
- Certame Internacional de Contos de Valladolid, por Vicente y el otro.
- Unha Casa da Cultura do Concello do Grove leva o nome de Manuel Lueiro Rey.
- Premio Nacional de Periodismo por Gozo y virtud de mis ríos gallegos.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 A edición da Oberón (Buenos Aires) leva portada de Luís Seoane.
- ↑ Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos.
- ↑ Despois incluído na Biblioteca das Letras Galegas e na Biblioteca Galega 120.
- ↑ Ilustrado por Ernesto Goday Caamaño.
- ↑ Con prólogo de Xesús Alonso Montero e portada de Luís Seoane.
- Referencias
- ↑ "Manuel Lueiro Rey - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2025-12-30.
- ↑ El Pueblo Gallego 19-10-1935, p. 13.
- ↑ Proyectos, HI Iberia Ingeniería y. "Real Academia de la Historia Historia Hispánica". historia-hispanica.rah.es (en castelán). Consultado o 2025-12-30.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "Lueiro Rey, Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 345-346.
- 1 2 Bresadola, Andrea (2017). "Manuel Lueiro Rey frente a la censura franquista: los avatares de Manso". Creneida (Universidad de Córdoba) (5): 139–197. ISSN 2340-8960.
- ↑ "Lueiro Rey, Manuel". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-12-30.
- ↑ "Derradeira escolma ferida - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2025-12-30.
- ↑ "Non debían medrar - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2025-12-30.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 436. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "O sol na crista do galo - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2025-12-30.
- ↑ "Manso". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-12-30.
- ↑ "Vigo en tres paisajes". Editorial Elvira (en castelán). Consultado o 2025-12-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Lueiro Rey |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lueiro Rey, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 261.
- "Lueiro Rey, Manuel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Barreiro, Herminio (1991). "Memoria breve de Manuel Lueiro" (PDF). Dorna: expresión poética galega (17): 85–87. ISSN 0213-3806.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 252. ISBN 84-7492-465-0.
- Hermida García, Modesto (1991). "Manuel Lueiro Rey, unha paixón silenciada" (PDF). Dorna: expresión poética galega (17): 89–92. ISSN 0213-3806.
- Martul, L. (2005). "Lueiro Rey, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Nicolás, R. (coord.); Aleixandre, M.; Montero, X. A.; Alonso, F.; Aneiros, R. (2013). Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-506-8. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2023.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 354–355. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web dedicada ao escritor
- Requeixo, Armando. Manuel Lueiro Rey en Criticalia.
- "O Grove y Fornelos aúnan fuerzas para lograr las Letras Galegas para Lueiro Rey". Faro de Vigo (en castelán). 10/4/2017.