Roxelio Rodríguez de Bretaña
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de novembro de 1917 Ourense |
| Morte | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | político, xornalista |
Roxelio Rodríguez de Bretaña, nado en Ourense o 11 de novembro de 1917, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Militante da Federación de Mocedades Galeguistas, alistouse nos requetés para salvar a vida e pasouse ao bando leal. De Francia exiliouse en México en xullo de 1939. Foi o primeiro Secretario Xeral do Padroado da Cultura Galega en 1953. No Padroado tivo problemas polo seu anticomunismo, en especial con Luís Soto, e foi substituído por Carlos Velo. Colaborou en A Nosa Terra e iniciou en decembro de 1952 o programa radiofónico A Hora de Galicia. Foi editor dos números 5 ao 7 da revista Saudade de México. Foi o derradeiro secretario xeral do Partido Galeguista en México en 1945 e de xeito testemuñal ata os anos oitenta; tamén foi secretario de relacións da Irmandade Galeguista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México Arquivado 13 de abril de 2014 en Wayback Machine.