Francisco Sánchez García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1874 Curtis, España |
Morte | 1 de xaneiro de 1939 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Antón de Pepiño |
Francisco Antonio Sánchez García, coñecido como Antón de Pepiño, nado en Modillós (Curtis) o 18 de xaneiro de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xaneiro de 1939,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiro dos sete fillos de Antonio Sánchez Gómez e Antonia García Murujosa. Emigrou a Arxentina onde fixo fortuna e adquiriu formación. En Buenos Aires relacionouse cos intelectuais dos centros galegos, foi un dos fundadores de Caras y Caretas e colaborou en La Nación, La Prensa e Nova Galicia. O 11 de novembro de 1905 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. Regresou a Galicia e mercou as terras que estaban á venda en Teixeiro. Casou con Enriqueta García e instaláronse en Teixeiro. Foi correspondente de El Eco de Galicia, colaborou en El Ideal Gallego e na prensa española: El Debate, La Nación e ABC. Cando medraron as fillas trasladáronse a vivir a Santiago de Compostela para que puideran estudar carreiras universitarias. En Compostela relacionouse con Otero Pedrayo, Vicente Risco, Filgueira Valverde e Álvaro Cunqueiro. Colaborou en El Compostelano e en 1925 foi nomeado director de Diario de Galicia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS e continuou coas súas colaboracións en El Compostelano agora centradas na promoción da Falange.
Obras
[editar | editar a fonte]- Obra escollida, 2005, Fundación Horrêum Fundazioa.
- Obra escogida, 2007, Fundación Horrêum Fundazioa.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 11 de novembro de 2005 foi nomeado fillo predilecto do concello de Curtis.[2] Recibe o seu nome, en Teixeiro, a biblioteca pública municipal[3] e dúas rúas onde estaba a súa casa.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Enriqueta García Rego o 24 de novembro de 1910, e tivo seis fillas e un fillo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 2-1-1939, p. 2.
- ↑ "Caixa Galicia e o concello de Curtis presentan unha escolma inédita do escritor Antón de Pepiño". Europa Press. 13-2-2006.
- ↑ "Resólvese a integración da Biblioteca Pública Municipal Antón de Pepiño de Curtis na Rede de bibliotecas de Galicia". Cultura de Galicia. 25 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Delgado Corral, Concepción (2003). "Un prolífico e descoñecido poeta galego: Francisco Antonio Sánchez García, “Antón de Pepiño”" (PDF). Anuario Brigantino (26): 481–491.
- Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. pp. 193–203.