Armando Fernández Mazas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armando Fernández Mazas
Nome completoArmando Pompilio Fernández Mazas
Nacemento30 de xaneiro de 1905
Lugar de nacementoOurense
Falecemento15 de marzo de 1996
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
IrmánsCándido Fernández Mazas e Mario Fernández Mazas
editar datos en Wikidata ]

Armando Pompilio Fernández Mazas, coñecido como Chocolito, nado en Ourense o 30 de xaneiro de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1996, foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro onde entrou en contacto coa Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO). Colaborou na revista de ATEO, Escuela del Trabajo, con artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos. Militou en Izquierda Comunista de España (1932) e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns. Co inicio da Guerra Civil estivo fuxido, agochado en Castro Caldelas e entre 1942 e 1947 en Castro Laboreiro cunha identidade falsa. Logo instalouse en València, onde foi detido en 1955. En 1963 reingresou no maxisterio, primeiro tres anos na illa de La Gomera ata o seu destino definitivo en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975.

Nos anos oitenta participou en Nova Escola Galega, e centrouse en recuperar a obra artística e literaria de seu irmán Cándido Fernández Mazas (creou a Editorial Andoriña en 1989, recollendo un antigo proxecto do ano 1933 de Cándido de crear Ediciones La Golondrina) e recuperar a memoria histórica dos mestres e intelectuais represaliados.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ourense, Atenas de Galicia, 1989.
  • Política y Pedagogía. Memoria teórica de un maestro de la ATEO, 1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]