Moisés da Presa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMoisés da Presa
Biografía
Nacemento11 de maio de 1904 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1981 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Moisés Presa Esmerode, coñecido como Moisés da Presa, nado en Vigo o 11 de maio de 1904 e morto en Buenos Aires o 4 de xaneiro de 1981, foi un escritor e galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1920, con 15 anos, emigrou cos seus pais a Arxentina. De inclinación galeguista e independentista foi membro de sociedades galegas, estivo presente na formación da Sociedade Nazonalista Pondal (1925) e colaborou na súa revista A Fouce. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Gallegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galicia. Co alcume de Lourenzo Fragoso escribiu para A Nosa Terra de Buenos Aires e tamén colaborou en Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Visitou Galicia en 1951, e retornou novamente en 1966; na súa estancia en Vigo contactou cos galeguistas da editorial Galaxia. Nos último anos integrouse na Hermandad Gallega. En 1972 publicou en Edicións Nós de Buenos Aires o libro de relatos Chuvia... e outras narracións e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]