A Bela Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustina Otero Iglesias
La Belle Otero, par Jean Reutlinger, sepia.jpg
A Bela Otero, fotografía de Jean Reutlinger.
Nome completo Agustina del Carmen Otero Iglesias
Alcume/outros A Bela Otero ou Carolina Otero.
Nacemento 4 de novembro de 1868
Lugar Valga, Pontevedra Galicia Galicia
Falecemento 12 de abril de 1965 (96 anos)
Lugar Niza, Flag of France.svg Francia
Causa Infarto agudo de miocardio
Nacionalidade España
Profesión actriz e bailarina

Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada en Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estatua nos xardíns de Valga, obra de Camilo Seira.[1]

Nada en Valga, Pontevedra, os seus apelidos son os da súa nai, xa que nunca foi recoñecida polo pai. Dada a súa difícil situación, xa de pícara foi traballar de criada a Santiago de Compostela. Aos dez anos sofreu unha violación que a deixaría estéril. Aos catorce, namora do seu compañeiro de baile Paco e foxen xuntos a Lisboa, onde traballaron de bailaríns até que este a abandonou. Seguíndoo, chegou a Barcelona onde en 1888 un banqueiro moveu os fíos para facela triunfar como bailarina en Francia. Foi con el até Marsella, onde axiña o abandonou e comezou a converterse en Carolina, a Bela Otero, unha xitana de Cádiz. Perseveraría neste papel toda a súa vida, e con el chegou a ser a estrela do Folies Bergère en París e ser unha das mulleres máis desexadas de Europa.

A condición da muller no espectáculo daquela era esvaradía, e polo xeral foi considerada unha cortesá con relacións co máis granado da aristocracia europea: o rei Eduardo VII de Inglaterra, o tsar Nicolao II e Gabriele d'Annunzio.

Retirouse en 1910 e dilapidou a súa fortuna no Casino de Montecarlo para afundir paulatinamente na pobreza.

Influencia na cultura popular[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Camilo Seira é o nome artístico do escultor Camilo Rodríguez Vidal, natural de Seira, Rois.
  2. John Hall (2013-11-08). "La Belle Otéro' (Carolina Otéro) - Caught On Film in 1898". Consultado o 2016-10-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carbonel, Marie-Helène; Figuero, Javier (2003). Espasa Calpe, ed. Arruíname pero no me abandones. La Bella Otero y la Belle Époque. Madris. 
  • Chao, Ramón (2001). A paixón de Carolina Otero.  Biografía ficticia
  • Fernández, Miguel Anxo (2003). Galaxia, ed. A Bela Otero, pioneira do cine. Vigo. ISBN 84-8288-617-7. 
  • Otero, Carolina (2001). Xerais, ed. As auténticas memorias da Bela Otero. Vigo. ISBN 84-8302-685-6.  (as memorias orixinais fóronlle ditadas a Madame Claude Valmont en 1926)
  • Xerais, ed. (2001). La Belle Otero. Postais. Limiar de Luís Seoane. Vigo. 
  • Val, Marga do (2001). A Nosa Terra, ed. Carolina Otero. Vigo.