José Santiago Temprano
José Santiago Temprano | |
---|---|
Alcume | Henares e Hornaca |
Nacemento | 1916 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 9 de decembro de 1948 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Santiago Temprano, coñecido como Moisés, Henares ou Hornaca, nado na Coruña en 1916 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carpinteiro. Militante do Sindicato de Carpiteros da CNT, foi detido en 1937 e condenado a cadea perpetua. Foi amnistiado en 1941 e despois de dúas detencións, incorporouse á guerrilla en xaneiro de 1946 con Emilio Golás Rodríguez, no Destacamento Eduardo Xaneiro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro. Foi ferido nun tiroteo coa Garda Civil en Cestaños (Parada, Ordes) cando ía con Pedro Rodríguez Gómez e Enrique Ferreirós Candamo, que tamén resultou ferido; no tiroteo morreu Antonio Recouso Boquete. En novembro de 1946 desertou e refuxiouse na súa casa da Coruña. Decidiu intentar cruzar a fronteira francesa co obxectivo de marchar a Arxentina. O 30 de xuño de 1947 emprendeu a viaxe en distintos trens de mercadorías pasando por Venta de Baños, Miranda de Ebro e Castejón, cruzou as vilas de Sos del Rey Católico, Navardún e Ruesca, ata que foi detido na ponte de Artieda o 14 de xullo. Trasladado á Coruña, foi salvaxemente torturado. Xulgado en consello de guerra sumarísimo con Pedro Rodríguez Gómez o 4 de novembro de 1948, acusado do desarme duns somaténs da Baña e do intento de asalto ao cuartel da Garda Civil de Vimianzo no que morreu un dos gardas civís, foi condenado a pena de morte.[1] Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña o 9 de decembro de 1948.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 186. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Santiago Temprano na páxina web Nomes e Voces.