Montevideo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montevideo
Vista aérea da cidade.
Localización
Montevideo en Uruguai
Montevideo
Montevideo
PaísUruguai Uruguai
DepartamentoMontevideo
Xeografía
Altitude43 msnm
Superficie525,54 km²
Demografía
Poboación1.338.408 hab. (2009)
Densidade6.523 hab/km²
Xentiliciomontevideano/a
Outros datos
Código postal11#00 & 12#00
Intendencia Municipal de Montevideo

Montevideo é a capital e cidade máis grande do Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Montevideo é a capital máis austral de América do Sur, situada a 34º 53' de latitude sur e 56º 10' de lonxitude oeste. Localízase na zona sur do país, con costas sobre o Río da Prata, dentro do departamento homónimo. Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente apta para urbanizar). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 metros de altura.

O famoso paseo da Rambla ten unha lonxitude de 27 km que se desenvolven de xeito paralelo á costa, facendo del un dos máis longos do mundo.[1]

Demografía[editar | editar a fonte]

Posúe unha poboación de 1.330.405 habitantes (1996) e unha densidade de 2.510,2 hab./km². Considerando a súa área metropolitana, Montevideo chega ós 1.668.335 habitantes, aproximadamente a metade da poboación total do país. O xentilicio para os seus habitantes é montevideano/a.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa histórico de Montevideo.

Entre 1680 e 1683, para desafiar a soberanía española na rexión, os colonizadores portugueses do Brasil estableceron diversos asentamentos sobre as costas do Río da Prata, fronte a Buenos Aires, como a Nova Colonia do Sacramento. Con todo, os españois non efectuaron ningún intento para desaloxar ós portugueses ata 1723, cando estes comezaron a fortificar as alturas que rodean a baía de Montevideo. Unha expedición española proveniente de Bos Aires, organizada polo gobernador español nesa cidade, Bruno Mauricio de Zabala, obrigou ós portugueses a abandonar o lugar no que os españois comezaron a poboar a nova cidade. O 20 de decembro de 1726 confeccionouse un padrón de habitantes, e finalmente o 24 de decembro trazouse un plano delineatorio da cidade e designouse como "San Felipe e Santiago de Montevideo", nome que posteriormente sería abreviado en Montevideo. No 1828, a cidade converteuse na capital do Uruguai.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

Existen polo menos dúas explicacións acerca da orixe do nome Montevideo: a primeira afirma que o nome provén da expresión en portugués "Monte vi eu", frase pronunciada por un mariño anónimo pertencente a excursión de Fernão de Magalhães ó divisar o Cerro de Montevideo.[Cómpre referencia] A segunda di que os españois anotaron a situación xeográfica nun mapa como "Monte VI De Este a Oeste".[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Montevideo, Uruguay". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17. 
Praza da Independencia, Montevideo, c. 1900

Véxase tamén[editar | editar a fonte]