Maxín Picallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maxín Picallo
Nacemento1940
 Cuntis
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Ocupaciónescultor
Coñecido/a porEncontro entre dous mundos e Monumento a Antonio Palacios
Maxín Picallo. Firma.JPG
editar datos en Wikidata ]
Firma de Maxín Picallo

Maxín Xulio Picallo Durán, nado en Santo Ildefonso, lugar da parroquia de Troáns, en Cuntis, en 1940, é un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa dende neno habelencioso coa talla de madeira, marchou a Santiago de Compostela a estudar na Escola de Artes e Oficios e ampliar a súa vocación. Alí foi alumno de Francisco Asorey.

Obra[editar | editar a fonte]

Entre outra.

  • Monumento ó poeta Feliciano Rolán, A Guarda, 1972.
  • Busto de Antonio Palacios, O Porriño, 1972.
  • Monumento alegórico a Tui, Tui, 1985.
  • Monumento ó mariñeiro emigrante, Moaña, 1988.
  • Monument al Gelador Artesà, (1990). Ibi, Alacant. Monumento esculpido en granito negro homenaxea aos xeadeiros ibenses.
  • Encontro entre dous mundos, (1993). Baiona. Monumento conmemorativo do quinto centenario da arribada da carabela Pinta de Colón a Baiona coa nova do descubrimento de América.
  • Monumento ó poeta Cabada, A Estrada, 2001.
  • Monumento á Esperanza do Regreso do Emigrante, Beariz, 2001. Obra feita xunto o seu fillo e asinada como "Os Picallos".
  • O socorro, Benidorm.
  • Monumento aos Canteiros de Cuntis. Cuntis. Grupo escultórico que homenaxea o labor ancestral dos arxinas de Cuntis e arredores.
  • Monumento á Muller Labradora en Forcarei, obra de 2003.
  • Monumento ó Mariñeiro Desaparecido, (2003). Porto da Guarda.
  • Monumento ó Caudillo celta, Castro de Santa Trega, 2004.

E tamén en Porto Rico, Arxentina, Brasil, Suíza, Canadá etc.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • GEG, Picallo Durán, Magín Julio.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]