José Ramón Quiroga Uría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Ramón Quiroga Uría
Nome completoJosé Ramón Quiroga y Uría
Nacementovalor descoñecido
 O Hospital
Falecemento23 de marzo de 1847
 Casoio
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónclérigo
IrmánsJuan Bernardo Quiroga Uría
editar datos en Wikidata ]

José Ramón Quiroga Uría, nado no Hospital (Quiroga) e finado en Casoio (Carballeda de Valdeorras) o 23 de marzo de 1847, foi un relixioso e militar galego, prototipo de cura guerrilleiro durante a guerra de Independencia española (1808-1814).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedía da familia fidalga da casa da Lamela, en San Salvador do Hospital, no actual concello de Quiroga. Foi irmán de Juan Bernardo Quiroga Uría, deputado nas Cortes de Cádiz. En vésperas da entrada dos franceses na Galiza era abade da freguesía valdeorresa de Casoio, actual concello de Carballeda de Valdeorras. A Xunta de Defensa, Alarma e Guerra de Valdeorras, constituída cando xa o exército francés penetrara na comarca, nomeouno comandante principal ou xefe xeneral da mesma, con mando sobre uns 4000 homes, cos que fustrigaría o inimigo en diversas ocasións, chegando ata o Bierzo, onde colaborou coas tropas de liña. Rematada a guerra Quiroga Uría retomou o seu oficio pastoral até.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]