Cañita Brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel González
Cañita Brava na Gaiteira Os Castros A Coruña.jpg
Nacemento2 de marzo de 1946
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónArtista
editar datos en Wikidata ]

Manuel González Savín[1], nado nas Xubias (A Coruña) en 1956,[1] é un artista cómico-musical galego, máis coñecido como Cañita Brava. Saltou á fama a comezos da década de 1990, con cancións coma "La pichina", "El fugitivo", "Twist esa chica", "Espikinllú" ou "Los invasores", ademais doutros temas coma "Canción en chino" ou "Canción en ruso", nas que utiliza unha particular mestura de expresións cómicas pretendidamente tomadas de varios idiomas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É veciño dos Castros, A Coruña. Cañita Brava descubriu a súa inclinación ao mundo do espectáculo cando comprobou que a súa versión do famoso merengue "Caña brava" era aceptado con entusiasmo polos seus veciños e amigos. Antes de dedicarse á canción, Cañita traballaba no peirao da súa localidade natal, mais decidiu deixar ese traballo. Tras algunhas actuacións de carácter local que axudaron a establece-lo seu nome, Cañita tivo a súa primeira grande oportunidade cando apareceu no programa de TVE El semáforo, presentado por Jordi Estadella e Marlene Mourreau.

Aparición en televisión[editar | editar a fonte]

Á primeira aparición de Cañita en TVE (na que non interpretou ningunha canción pero si fixo unha parodia da retransmisión do famoso encontro España-Malta) sucedéronse moitas outras, nas que comezou a explora-los seus talentos como compositor e vocalista en temas como "Canción en ruso" ou "Ya vienen los pastores", esta última unha panxoliña que adaptou ao seu estilo para unha edición de nadal de El semáforo. O público aclamou case dende o principio a arte de Cañita, que chegou a transcender por completo o formato do programa, que era en realidade un concurso de talentos. Así, Cañita axiña se converteu nun regular e adoitaba aparecer fóra de concurso. "Tengo más de treinta canciones compuestas", asegurou nunha ocasión, "y siempre me quedan las mejores para el final, no sé por qué".

Aparición en cinema[editar | editar a fonte]

En 1998 deu o salto á gran pantalla da man de Santiago Segura, cun moi pequeno papel no filme de grande éxito Torrente, el brazo tonto de la ley, película na que compartía cartel con Tony Leblanc, o tamén galego Manuel Manquiña, Chus Lampreave ou o propio Segura. A frase estelar de Cañita --"me debes seis mil pesetas de whisky"[2]—tivo tal popularidade que cando Segura se decidiu a face-la terceira parte da saga de Torrente, pediulle a Cañita que volvese a aparecer e pronunciase esa mesma frase pero desta volta traducida a euros.

Coa entrada no novo milenio protagonizou a curta Los invasores, no que interpreta a un policía en misión secreta na procura dunha rapaza que ninguén sabe onde se atopa. Editouse tamén a banda de son desta película.

Logo diso, Cañita dedícase a facer shows por toda a xeografía ibérica, participando en inauguracións de discotecas, festas diversas e dando pregóns para festividades locais.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

* Los invasores (2003)
* (Título descoñecido) (2007)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Cañita Brava". IMDb. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  2. Escena en YouTube.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]