Polígrafo (autor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un autor polígrafo (do grego antigo πολυγράφος: poly: moitas e graphos: escrituras) é unha persoa que escribe sobre materias diversas.[1]

Na literatura[editar | editar a fonte]

Diderot por Louis-Michel van Loo, 1767.

O termo polígrafo aplícase a certos escritores da antigüidade clásica, como Aristóteles e Plutarco entre os gregos e Cicerón e Plinio o vello entre os romanos. Voltaire e o enciclopedista Diderot son dous exemplos de polígrafos modernos.[2]

Autores polígrafos[editar | editar a fonte]

Outros exemplos de autores polígrafos son:

Entre os galegos pódese citar a José Cornide Saavedra (1734-1803), Antonio Neira de Mosquera (1823-1854), Andrés Martínez Salazar (1846-1923), Arturo Vázquez Núñez (1852-1907), Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955), Fermín Bouza-Brey (1901-1973), Xosé Filgueira Valverde (1906-1996) ou Isidoro Millán González-Pardo (1922- 2002).

Outros usos[editar | editar a fonte]

O termo pode usarse en forma despectiva para referirse a alguén que escribe respecto a distintos asuntos sen ter os coñecementos suficientes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polígrafo.
  2. Encyclopédie Larousse du XXe siècle, París, 1932.