En 1911 volveu para o Uruguai para evitar ter que ir á guerra do Rif. Alí foi animador do grupo poético Teseo.
En 1927 foi nomeado cónsul xeral do Uruguai en Londres, cargo que ocupou até 1931. Nese ano foi destinado a España exercendo como cónsul de Bilbao, Cádiz e Madrid, onde fundou a revista P.A.N. (poetas, andantes e navegantes), mais renunciou ao cargo en desacordo coa decisión do goberno uruguaio de romper as relacións diplomáticas coa república. Despois foi cónsul de San Francisco (1943-1952), Nova York (1952-1953) e Santiago de Chile (1953-1954).