Mini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Begonte, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMini Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , político , musicólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNavia Rivas Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0729019 Facebook: 100009110082489 Twitter: RivasMini Discogs: 1893790 Editar o valor em Wikidata

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

"Mini" (esq.) e "Mero" no acto en lembranza de Avelino Pousa Antelo en Teo en 2013.
Mini na XV Asemblea Nacional do BNG no 2016.

Impartiu clases nunha escola unitaria no concello de Boimorto, e máis tarde sería profesor no CPI Armando Cotarelo Valledor. Mentres, desenvolveu un amplo labor cultural dentro da música, na que se segue a manter de forma activa.

Formou parte da banda Fuxan os ventos dende a súa fundación até 1982 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", formar A Quenlla, grupo no que continúa na actualidade. Nese mesmo ano fixo a música para a curtametraxe Mamasunción. No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro "Mero", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao museo do pobo galego.[1] Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.[2]

Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas e foi elixido alcalde de Boimorto co apoio do PSdeG.[3] Dous meses despois Gonzalo Concheiro, candidato do PP, pasa a ser novo alcalde de Boimorto tras prosperar unha moción de censura do PP apoiada por un concelleiro que fora elixido nas listas do PSdeG-PSOE pero que pasara a ser non adscrito no mes de xullo.

Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo BNG para a 10.ª lexislatura, sendo reelixido nas eleccións de 2020.

É pai da tamén cantante e política Navia Rivas.


Predecesor:
Ana Ledo
 
Alcalde de Boimorto
 
2015
Sucesor:
Gonzalo Concheiro

Obra musical[editar | editar a fonte]

Destaca como compositor e adaptador de cancións galegas e leva a cabo un intenso labor de recompilación do folclore de Galiza. Así, ten editados trece álbums e ten arranxado as músicas para os seguintes vídeos:

  • Historia da lingua
  • Os señores da palabra
  • 70 anos de nacionalismo
  • Memoria de rosas
  • Longa noite de pedra
  • A carón dá escola
  • Cantares de cego I
  • Contos de lanuxes pra nenos
  • Somos lenda viva

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Boimorto: memoria dun silencio, 2007, Concello de Boimorto.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

En 2009, foi premiado xunto a Mero co Pedrón de Ouro pola divulgación da cultura oral de Galiza.[4] En 2012 recibiron o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dispostas para cantare". Folque. 2017-10-17. Consultado o 2021-01-25. 
  2. "Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego - Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego". apoi.museodopobo.gal. Consultado o 2021-01-25. 
  3. Lombao, David (16 de xuño de 2015). "O grande reto dos artistas é materializar algún soño; agardo que a política nos sirva para iso". Praza.gal. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  4. "Premiado co Pedrón de Ouro o labor de recollida e divulgación da cultura popular de Mini e Mero". La Voz de Galicia. 18 de abril de 2009. Consultado o 20 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]