Xosé Arias Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Castro de Rei, España |
Morte | 27 de maio de 1954 (35/36 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Xosé Arias Fernández, coñecido como Cristo ou Dapena, nado en Paredes de Arriba (Castro de Rei de Lemos, Paradela) en 1918 e finado no mesmo lugar o 27 de maio de 1954,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Arias e Florentina Fernández. Próximo ao Partido Comunista de España botouse ao monte e participou en accións contra a Garda Civil como lugartenente de Xosé Castro Veiga Piloto. En 1946 foi elixido segundo xefe da III Agrupación Guerrilleira, participou en case todas as súas accións. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Elías López Armesto en febreiro de 1948.[2] En 1949 dispersáronse os restos da III Agrupación e Xosé volveu ao seu lugar natal, onde se agochou. O 27 de maio de 1954 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil mentres se preparaba para marchar ao estranxeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabana, Ana (2013). La derrota de lo épico. Valencia: Publicacions de la Universitat de València. p. 179. ISBN 978-84-370-9089-4.
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 40. ISBN 84-8485-231-8.