Ramón Rodríguez Varela
Ramón Rodríguez Varela | |
---|---|
Alcume | Curuxás |
Nacemento | 1904 |
Vilouriz | |
Falecemento | 14 de maio de 1967 |
O Freixeiro, Moredo, Palas de Rei | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Rodríguez Varela, nado en Vilouriz (Toques) en 1904 e finado no Freixeiro (Palas de Rei) o 14 de maio de 1967, foi un mineiro e anarcosindicalista galego, guerrilleiro antifranquista tralo Alzamento Nacional co pseudónimo de Curuxás. Tomou este sobrenome do lugar de Curuxás, en Palas de Rei.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Antigo lexionario, traballou de mineiro nas minas de volframio de San Fins, en Lousame, onde pertencía ao Sindicato Minero vinculado á CNT. O 14 de abril de 1937, aniversario da proclamación da II República, roubou as nóminas da mina, sendo esta a súa primeira gran acción.
En 1941 escapou do seu domicilio familiar, a onde o fora buscar a Garda Civil, matando a un cabo deste corpo. Uniuse a un pequeno grupo con xente das antigas sociedades obreiras e agrarias, cos que andou polas terras do Alto Ulla, na Agolada e no Barbanza. Colaborou cos restos do grupo Neira e coa IV agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.
En 1947 abandonou as armas, como recomendara a CNT, e viviu refuxiado entre os campesiños da parroquia de Vilamor ata o seu falecemento en 1967 por causas naturais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 214–215. ISBN 84-87783-79-1.
- Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-87783-79-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Curuxás sobreviviu grazas a vontade solidaria dá xente", entrevista a Carlos Parrado. La Voz de Galicia, 3 de maio de 2009.
- "Curuxás, guerrilleiro e anarco-sindicalista". Homenaxe a Curuxás (27 de xuño de 2009).
- O guerrilleiro que Franco non cazou. Galicia-Hoxe.