Joaquín Pesqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Pesqueira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Vigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Joaquín Pesqueira Quiroga, nado en Pontevedra e finado en Vigo pouco antes de 1957, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eduardo Pesqueira Cotón, profesor da Normal de Pontevedra finado o 6 de marzo de 1894,[1] e Cándida Quiroga. Mestre, foi profesor auxiliar na Normal de Pontevedra e colaborou en Diario de Pontevedra e El Progreso. Emigrou a Buenos Aires en 1907, onde foi xefe de redacción de La Iberia dende finais de 1908,[2] e despois dirixiu a revista Suevia, publicada nesa cidade en 1913 e 1916. Na revista utilizou, durante a primeira época (1913), o pseudónimo de Conde de Cela, pero utilizou o seu nome nos textos que escribiu na segunda (1916). En 1915 dirixiu a Revista Mensual de la Asociación Española de Socorros Mutuos. Ademais do seu labor como director e asiduo colaborador en Suevia, tamén publicou diversos artigos nas revistas bonaerenses Acción Gallega (órgano de difusión da Casa de Galicia de Buenos Aires), no Almanaque Gallego, Correo de Galicia ou La Nación; en Galicia Nueva (Montevideo), no Boletín do Centro Gallego de Avellaneda (Arxentina) e en Vida Gallega.

Da súa vida sábese moi pouco, agás que retornou a Galicia en 1924, foi correspondente de La Nación e presidente da Asociación da Prensa de Vigo entre 1925 e 1927.[3] Alberto Vilanova di que sufriu en Vigo "un sonoro fracaso social" do que non explica máis. Despois da guerra publicou algunhas colaboracións en Finisterre, Cartel, Spes e Litoral de Pontevedra.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Y vivió su vida, 1913.
  • Historia de la Asociación Española de Socorros Mutuos de Buenos Aires, 1919.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Magisterio Gallego, 15-3-1894, p. 2.
  2. El Progreso, 3-1-1909, p. 2.
  3. "Presidentes de la APV". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 08 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]