Victorino Abente Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victorino Abente Lago
Victorino abente y lago antologia poetica fotografia.jpg
Nome completoVictorino Abente y Lago
Nacemento2 de xuño de 1846
 Muxía
Falecemento22 de decembro de 1935
 Asunción
NacionalidadeEspaña e Paraguai
Ocupaciónpoeta, escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Victorino Abente Lago, nado en Muxía o 2 de xuño de 1846 e finado en Asunción o 22 de decembro de 1935, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico Leandro Abente Chans. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela coma seu irmán Ezequiel Abente y Lago. Sendo destinado a sacerdote pola familia, aos 20 anos fungouse da casa embarcando como polisón rumbo a Cuba. De alí marchou a Buenos Aires e en 1869 emigrou a Paraguai. En 1870 comezou a colaborar co periódico paraguaio El Pueblo, onde asinaba unha sección titulada "Mesa revuelta". Volveu a Galicia a principios dos anos oitenta, onde publicou o poema "Volta prá Terra" e a lenda en verso La novia del marinero e naceu en Muxía a súa filla Balbina. Volveu en 1907 con intención de radicar en Muxía e casou a súa filla menor, Balbina, co seu sobriño, o poeta Gonzalo López Abente. Ao cabo dun ano faleceu a súa filla ao dar a luz e Victorino regresou definitivamente a Paraguai.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Poemas satíricos y gozosos, 1887.
  • La novia del marinero, A Coruña, 1882.

A súa obra dispersa foi recompilada por un neto, e publicouse en 1984 nun volume titulado Antología poética: 1867-1926.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]