Gabino Díaz de Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gabino Díaz de Herrera
Gabino Díaz de Herrera 1927.jpg
Nacemento22 de novembro de 1906
 O Barco de Valdeorras
Falecemento13 de febreiro de 1983
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Gabino Díaz de Herrera, coñecido como Mauro do Sil, nado no Barco de Valdeorras o 22 de novembro de 1906 e finado na Coruña o 13 de febreiro de 1983, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Díaz de Herrera, capitán de Infantería, e Brenda Lucrecia Iglesias, dunha rica familia de viñateiros. Estudou o bacharelato na Coruña. Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e frecuentou os parladoiros do Café Español. Marchou a Madrid en 1925, onde rematou a carreira. Publicou poemas en Galicia Gráfica, Vida Gallega, Almanaque Gallego e Cristal. En 1927 publicou o poemario Abril e ao ano seguinte apareceu a súa tradución ao castelán de El Teniente azul de Colette-Willy. En 1933 obtivo o premio de poesía no concurso da Asociación da Prensa de León e o premio do certame de poesía do Concello de Lugo. Despois da guerra civil publicou poemas en Cartel. Desde os anos corenta traballou como arquiveiro na Biblioteca Nacional de Madrid. Ao morrer a súa muller trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia da Coruña.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Abril, 1927.
  • Azar marinero. Persuasión de amor y gallardetes amistosos, 2007.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Guitián Barreiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]