Juan Pérez Dopico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Pérez Dopico
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor em Wikidata
Limodre, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1949 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Silán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesXan de Xenaro
Caravaca Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Juan Pérez Dopico,[1] alcumado Xan de Xenaro e Caravaca, nado no Souto Vello (Limodre, Fene) en 1917[2] e finado en Muras o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obrigado a incorporarse ao exército. Desertou do exército sublevado e participou na defensa de Madrid. Foi xulgado en Ferrol por sedición e declarado en rebeldía. Foi detido en 1939 e condenado a morte. Foille conmutada a pena e permaneceu na prisión de Carabanchel ata 1945. Ao saír traballou en ASTANO, militando no PCE. Botouse ao monte en 1946 e converteuse no xefe militar do Destacamento Segundo Vilaboy[3] da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia xunto a Juan Gallego Abeledo "Comandante". Foi reclamado polo xuíz militar de Ferrol en outubro de 1948.[4] O 21 de xuño de 1949 foi abatido nun enfrontamento coa Garda Civil en Silán (Muras) con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Celia González Pernas e Josefa Escourido Cobo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes aparece como Juan Dopico Fernández: Juan Dopico Fernández na páxina web Nomes e Voces. e Los de la sierra
  2. "Estreno de «Xan de Xenaro», video sobre un guerrillero", La Voz de Galicia, Ferrol, 20-7-1986, p. 32.
  3. O nome púxose na honra de Segundo Vilaboy Martínez guerrilleiro ferrolán axustizado en decembro de 1947.
  4. BOE, 6-10-1948, p. 2312.
  5. "Cuatro bandoleros muertos por la Guardia Civil. En la provincia de Lugo", La Voz de Galicia, 1-7-1949, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]