Antonio García Hermida
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de abril de 1885 Vilalba |
| Morte | 4 de setembro de 1939 Vilalba |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
Antonio García Hermida, nado en Vilalba o 7 de abril de 1885 e finado na mesma vila o 4 de setembro de 1939, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1902 editou en Vilalba o xornal manuscrito Ideal Villalbés, colaborou en El Eco de Villalba e fundou e dirixiu os periódicos Azul y Blanco e Heraldo de Villalba. Tamén colaborou en Ilustración Gallega. Asinou os seus escritos cos pseudónimos D'Aponte, Garcimida e Ragrech. Militou nas Irmandades da Fala, sendo secretario da Irmandade de Vilalba.
Foi pai do escritor Xosé Luís García Mato, que recolleu os seus poemas e contos e os publicou en 1973 co título Charetas.

Obra
[editar | editar a fonte]- Los niños y los árboles, 1914.
- La herencia de Juanillo, 1914.
- El jardín de Roberto, 1919 (premiado polo Ateneo-Biblioteca de Ribadeo).
- El huérfano y la esperanza (diálogo en verso).
- Charetas, 1973.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "García Hermida, Antonio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "García Hermida, Antonio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Santos Gayoso, Enrique (2002). Diccionario de seudónimos y apodos gallegos. Santiago de Compostela: Nino - Centro de impresion digital. ISBN 84-688-0795-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- González Barcia, Chema (13-4-2022). "Cento vinte anos de Ideal Villalbés". El Progreso: 22.