Javier Fernández Abruñedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bicho
Información persoal
Nome Javier Fernández Abruñedo
Nacido 20 de febreiro de 1996 (24 anos)
Lugar Sada
Altura 1,73 m.
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual SD Compostela
Carreira xuvenil
2005–2006 Rayo Sadense
2006–2013 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2019 Deportivo B 65 (2)
2013–2019 Deportivo da Coruña 6 (0)
2014–2015Barcelona B (cedido) 18 (0)
2015Leganés (cedido) 0 (0)
2016Compostela (cedido) 17 (3)
2016–2017Racing de Ferrol (cedido) 34 (4)
2020– Compostela 5 (1)
Selección nacional
2012 España sub-16 4 (0)
2013 España sub-17 3 (0)
2015 España sub-19 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: Actualizado a 16 de outubro de 2020
Selección: Actualizado a 29 de xaneiro de 2015editar datos en Wikidata ]

Javier Fernández Abruñedo, coñecido como Bicho, nado en Sada, A Coruña[1] o 20 de febreiro de 1996,[2] é un futbolista galego. Xoga de mediapunta e o seu equipo actual é a SD Compostela.

É curmán do escritor Isaac Xubín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado no Rayo Sadense, con 11 anos pasou a formar parte das categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Con 16 anos debutou no Deportivo Fabril.

Bicho debutou co primeiro equipo do Deportivo o 17 de agosto de 2013, con Fernando Vázquez como adestrador, xogando os tres últimos minutos do partido gañado por 0-1 contra a UD Las Palmas.[3]

O 14 de xullo de 2014 anunciouse que xogaría dúas tempadas cedido no FC Barcelona B.[4] Con todo, estivo só unha tempada no filial barcelonista, anunciándose o 31 de agosto de 2015 a súa cesión durante unha tempada ao CD Leganés.[5]

Ao non ter contado con con ningún minuto na tempada, o 31 de decembro de 2015 fíxose oficial a súa cesión á SD Compostela polo que restaba dela.[6] Na tempada seguinte foi cedido novamente, esta vez ao Racing e Ferrol, onde xogou 34 partidos e anotou catro goles.[7] A continuación xogou dúas tempadas máis no Fabril, aínda que sufrindo varias lesións que o mantiveron de baixa durante meses.[8] Ao remate da tempada 2019/20 o seu contrato no Deportivo non foi renovado.[9]

En xaneiro de 2020 foi presentado como novo xogador da SD Compostela, en Terceira División, na súa segunda etapa no club santiagués.[10] Tras acadar o ascenso foi renovado por unha tempada máis.[11]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional nas categorías sub-16, sub-17 e sub-19 da selección española.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El amanecer de «Bicho»
  2. Biografía de Bicho na páxina da LFP
  3. Marca.es, ed. (17 de agosto de 2013). "Valerón no puede hacer milagros" (en castelán). 
  4. FCBarcelona.es, ed. (14 de xullo de 2014). "Javier Fernández llega cedido al Barça B" (en castelán). 
  5. Deportivo da Coruña, ed. (31 de agosto de 2015). "Bicho, cedido al Leganés. Queijeiro, al Pontevedra" (en castelán). 
  6. Deportivo da Coruña, ed. (31 de decembro de 2015). "Bicho, cedido a la SD Compostela" (en castelán). 
  7. "Bicho, cedido al Racing de Ferrol por una temporada". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  8. Reigosa, M. G. (9 de agosto de 2020). "Bicho confirma su continuidad en el Compostela" (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  9. "Bicho: "Me fui a Leganés en el último día de mercado y aquel fue mi gran error"" (en castelán). 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  10. "Bicho fue presentado ayer". DxT Campeón (en castelán). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  11. Reigosa, M. G. (9 de agosto de 2020). "Bicho confirma su continuidad en el Compostela". La Voz de Galicia. Consultado o 16 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]