Xan Quinto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Xan Quinto | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1847 |
Rianxo | |
Falecemento | valor descoñecido |
Portugal | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | bandit |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Rodríguez Otero, coñecido como Xan Quinto e ás veces tamén como Xoán Quinto, nado posibelmente en Rianxo en 1847 e finado en Portugal, foi un bandoleiro mítico galego. A lenda conta que foi procesado por varios xulgados entre 1870 e 1880 e que a súa sona chegou até o sur da Península Ibérica así como incluso até algúns territorios de Suramérica. Ao igual que Robin Hood en Inglaterra ou a mesma Pepa a Loba en Galiza, Xan Quinto representa o prototipo de ladrón sanguinario cos ricos, e xeneroso e nobre cos pobres.
Foi trasladado á literatura por figuras do talle de Valle-Inclán, co seu conto en lingua castelá Juan Quinto. Valentín Paz Andrade asinou algúns artigos na prensa co pseudónimo Xan Quinto.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- La leyenda de Xan Quinto, bandolero gallego (1941). Durán, José Antonio.