Armando Vázquez Crespo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armando Vázquez Crespo
Armando Vazquez Crespo.jpg
Datos persoais
Nacemento 4 de maio de 1938
Lugar Lalín
Actividade
Lingua Galego e castelán
Estudos Teoloxía

Armando Vázquez Crespo, nado en Bermés (Lalín) o 4 de maio de 1938, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Comillas e titulado en xornalismo (1967). Traballou en Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). En 1967 publicou a versión galega dunha selección das fábulas de Esopo, con introdución de Álvaro Cunqueiro e en 1968 a tradución da obra Camiño de Xosemaría Escrivá de Balaguer.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La España ausente, 1971.
  • La Iglesia nace y muere en el Este, 1972.
  • Quién es quién en la Iglesia española, 1978.
  • A Comarca do Deza, 1989 (en colaboración con Daniel González Alén).
  • Silleda, la Tierra de Trasdeza, 1991.
  • Del Tajo a Somosierra, o el otro Madrid de los pueblos, 1996.
  • Vila de Cruces. La tierra de Carbia, 2000.
  • Carboeiro, el arte que renace de sus cenizas, 2001.
  • Madrid, barrio a barrio, de villa a metrópoli, 2001.
  • Feria Internacional Semana Verde de Galicia, 25 años, 2002.
  • Treinta hombres que hicieron Madrid, 2008.
  • Memoria do tempo en Deza, 2009.