David Pintor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Pintor

David Pintor no Culturgal 2010.
Biografía
Nacemento(es) David Pintor Noguerol Editar o valor em Wikidata
1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración, Caricatura e Literatura infantil Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , pintor , ilustrador , caricaturista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalCarlos López Gómez: Pinto & Chinto Editar o valor em Wikidata

Páxina webdavidpintor.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: David-Pintor-ilustraciones-197902626909227 Twitter: davidpintor1975 Tebeosfera: pintor_davidEditar o valor em Wikidata
Graffiti en Porto.

David Pintor, nado na Coruña o 11 de maio de 1975,[1] é un ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ilustrador, humorista gráfico, caricaturista, pintor, artista polifacético e multipremiado galego. Colabora para editoriais e clientes de todo o mundo.

En 1992, comeza a traballar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, converténdose en poucos anos nunha referencia do humor político en prensa.[2] As súas tiras cómicas saen en diversos medios de comunicación, como Diario 16, La Voz de Baleares, Diario de León e La Voz de Galicia.

A partir do ano 2000 empeza a internarse no campo da ilustración infantil, onde recolle numerosos premios. Porén, non para aí a súa carreira senón que co tempo, empeza a colaborar en múltiples ámbitos relacionados co deseño, a moda ou a publicidade, buscando sempre as múltiples posibilidades que ofrece a profesión de ilustrador.

A partir de 2019 comeza a súa traxectoria como autor de literatura infantil e, no 2021,la revista Babar, especializada en literatura infantil, seleccionou a súa obra "El árbol secreto" como un dos mellores libros do ano, que tamén se publicou en Portugal.[3]

En 2022, a película "Valentina", na que participa como deseñador de personaxes, gañouo premio Goya á mellor longametraxe animada.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

  • Sobran as palabras, 1999, Xunta de Galicia.
  • Aquilino pinta una nube y un camaleón, 2001, Combel.
  • Qué sabemos do Día das Letras Galegas?, 2001. Xunta de Galicia.
  • Suca, 2001. Everest.
  • O libro dos xogos populares galegos, 2003, La Voz de Galicia.
  • Dez por dous, 2004, Biblos.
  • Hércules e Crunia, 2005, Kalandraka.
  • Historia de Román o bombeiro, 2005, Everest.
  • O pequeno da familia fantasma, 2005, Sotelo Blanco.
  • Tito Longueirón, 2005, BD Banda.
  • Cuentos en familia, 2006, Anaya.
  • Minimaladas, 2007, Xerais, (Premio Merlín).
  • A miña avoa ten trece anos, 2007, Edelvives.
  • La puerta trasera del paraíso, 2007, Alfaguara.
  • Unha bruxa ben rara, 2007, SM.
  • Circo Rigatoni, 2008, Everest.
  • La extraña historia de la cama mágica, 2008, SM.
  • Lendas da noite de San Xoán, 2008, Everest.
  • Mis primeras 80.000 palabras, 2008, Media Vaca.
  • La nonna in cielo, 2008, Lapis (Corea).
  • Novas minimaladas, 2008, Xerais.
  • El Pinsapo de la plaza, 2008, Edelvives.
  • Ciudades de papel, 2009, El Patito Editorial.
  • Encontros ás agachadas, 2009, Deputación de Ourense.
  • Jack and beanstalk, 2009, Froebel (Corea).
  • Os oficios de Chuquelo, 2009. Galaxia.
  • A peripecia de Roi, 2009, Edelvives.
  • Quen casa ten de seu, 2009, Fundación Rosalía de Castro.
  • O serrote do Gil, 2009, Galaxia.
  • Compostela, 2010, Kalandraka.
  • Contos para nenos que dormen deseguida, 2010, Kalandraka.
  • Los oficios de Rus, 2010, Anaya.
  • El principito, 2010, Agaworld (Corea).
  • El Cascanueces, 2011, Pablo Zaera; The Nutcracker, 2011, Agaworld.
  • Gulliver travels, 2011, Agaworld.
  • A maceira que daba calquera cousa menos mazás, 2011, Everest.
  • Minimalario, 2011, Kalandraka.
  • The months of the year, 2011, Agaworld.
  • Almanaque musical, 2012, Kalandraka.
  • Auténticas entrevistas falsas, 2012, Leer.
  • Il bosco della Baba Yaga, 2012, F. Cosino.
  • Camino de Santiago, 2012, Treseditores.
  • Dun tempo e dunha terra, 2012, Edelvives.
  • Los estrambóticos viajes de Gulliver, 2012, Bululú.
  • O grande Chefe, 2012, Tcharan.
  • Os xogos olímpicos de Ningures, 2012, Galaxia.
  • Desde una estrella distante, 2013, Anaya.
  • L´eco, 2013, Lapis (Italia).
  • El estrambótico Principito, 2013, Bululú.
  • Lisboa, 2013, Kalandraka.
  • Nicomedes, o pelado, 2013, Kalandraka.
  • Brinca vai!, 2014, Kalandraka.
  • A menina alta, 2014, Mercuryojovem (o Brasil).
  • White world, 2014, Froebel (Corea).
  • That day, when..., 2014, Editions Kotot (Francia).
  • La piccola grande guerra, 2015, Lapis edizioni (Italia).
  • A avoa do ceo, 2015, El patito editorial.
  • Barcelona, 2015, Kalandraka.
  • Il fantastico mondo di Alice, 2015, Lapis edizioni (Italia).
  • La estrambótica Isla del Tesoro, 2015, Editorial Bululú (España).
  • Le avventure di Don Chisciotte, 2016, Lapis edizioni (Italia).
  • Cámbiache o conto!, 2016, Edicións Xerais (España).
  • Los gansos, 2016, La guarida. (España).
  • El fuego de Prometeo, 2017, Edelvives. (España).
  • Venezia, 2017, Kalandraka. (España).
  • Radio Bulebule, 2017, Kalandraka. (España).
  • Las estrambóticas aventuras del barón de Münchhausen, 2017, Bululú. (España).
  • I tre moschettieri, 2017, Lapis edizioni. (Italia).
  • L´ibis di Palmira e il merlo ribelle , 2018, Notes edizioni. (Italia).
  • Canto di Natale e altri racconti, 2018, Lapis edizioni. (Italia).
  • Ipse Dixit, 2019, Einaudi Ragazzi. (Italia).
  • El primer diccionario de Nara, 2019, Degomagom. (España).
  • I vestiti nuovi dell´Imperatore, 2019, Lapis. (Italia).
  • O alfabeto nojento, 2019, Caminho. (Portugal).
  • Triscuspascos, 2020, Anaya. (España).
  • Parole bambine, 2020, Lapis. (Italia).
  • La gatta cenerentola e altre storie, 2020, Mondadori. (Italia).
  • Siete llaves para abrir los sueños, 2020, Kalandraka. (España).
  • Merlino,Artù e i cavalieri della tavola rotonda, 2021, Lapis. (Italia).
  • La gran aventura de Nara, 2021, Degomagom. (España)
  • A viúva e o papagaio, 2021, Fábula editora. (Portugal)
  • Eu tenho soluços!, 2021, Tcharan. (Portugal)
  • A Coruña, 2021, Kalandraka (España)
  • La grande avventura di Nara, 2022, Mondadori (Italia)
  • La estrambótica vuelta al mundo en 80 días, 2022, Bululú (España)
  • O mistério da meia malcheirosa, 2022, Edições Almedina (Portugal)
  • Com pensos tudo passa, 2022, Edições Almedina (Portugal)
  • Os números nojentos, 2022, Caminho editora (Portugal)
  • (Non) a todas as nenas lles gusta o rosa (2022). Vigo: Xerais. 32 páxs. ISBN 978-84-1110-173-8.
  • 27 casas, 2022, La Guarida (España)
  • No a todas las niñas les gusta el rosa, 2022, Anaya (España)
  • C’est la catastrophe!, 2023, Degomagom (España)
  • Ringo, 2023, Xerais (España)
  • Olho de lince, 2023, Porto Editora (Portugal)

Premios e galardóns[editar | editar a fonte]

  • Premiado pola Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia.
  • Premio Curuxa do Humor no 2007, outorgado polo Museo do Humor de Fene.
  • Premio literario Frei Martín Sarmiento no 2007, por O pequeno da familia fantasma.
  • Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro infantil e ao mellor libro ilustrado de 2007 por Minimaladas.
  • Mellor ilustrador de 2007 pola web Fervenzas Literarias.
  • Mellor portada de libro infantil de 2007 por Minimaladas, pola web Fervenzas Literarias.
  • Premio Haxtur ao humor no 2008, outorgado polo Festival de cómic de Xixón.
  • Premiado no VIII Concurso de humor gráfico de Barakaldo en 2008.
  • Premiado no Salón da Caricatura de Vila Real.
  • Finalista no Certame Internacional de Humor Gráfico Portocartoon no 2009.
  • Premio Follas Novas do Libro Galego 2022 ao mellor libro ilustrado por "A Coruña".
  • Mellor ilustrador de 2009 pola web Fervenzas Literarias.
  • Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración no 2009, por Encontros ás agachadas.
  • Premio especial do xurado no IX Certame de pintura Pintor Argüelles.
  • Premiado co Grand Prix International na Bienal de Cadernos de viaxe Clermont Ferrand 2009, por Ciudades de papel.
  • Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro ilustrado de 2009 por A peripecia de Roi.
  • Mellor ilustrador do ano e mellor portada de libro infantil de 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida, pola web Fervenzas Literarias.
  • Nomeado aos premios da Asociación de Editores Galegos ao mellor libro infantil e ao mellor libro ilustrado de 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida.
  • 1º Premio Concurso do cartel oficial da Bienal de Cadernos de viaxe Clermont-Ferrand 2011.
  • Finalista nos CJ Picture book awards de 2011, por Compostela.
  • Premio "L´illustratore dell´anno 2011" convocado por Città del sole.
  • Nomeado para o Premio Nacional de Ilustración en 2011.
  • 2º Premio Ilustración da Feira do libro infantil de Sharjah (Dubai).
  • Premio da revista Andersen ao mellor libro infantil de 2012 entre 6 e 9 anos por Il Bosco della Baba Yaga.
  • Primeiro premio de relato ilustrado Opticks magazine 2012.
  • Premio Mingote 2013.
  • Premio especial no Festival Nami Island International Illustration Concours de 2013.
  • Premiado por Communication Arts no apartado de ilustración no 2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2014.
  • Seleccionado en 2007, 2010, 2011 e 2013 para a mostra de ilustradores da Feira de Boloña.
  • Seleccionado na Mostra Internacional de Ilustradores Infantís Sueños en Papel en México no 2008.
  • Seleccionado en 2009, 2011, 2013, 2015, 2019 e 2021 para a Bienal de Ilustración de Bratislava.
  • Seleccionado na lista White Ravens no 2009, por La nonna in cielo.
  • Seleccionado no Salão de Humor de Piracicaba en 2010 e 2011.
  • Seleccionado na lista White Ravens no 2011, por Contos para nenos que dormen de seguida.
  • Seleccionado para o catálogo American Illustration 33.
  • Seleccionado para o catálogo Latin American illustration 3.
  • Seleccionado para o 3x3 picture book annual número 10.
  • Seleccionado por Lurzer´s Archive para participar no libro 200 Best Illustrators 2011-2012.
  • Seleccionado polo libro Almanaque musical como un dos libros destacados de 2012 pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
  • Seleccionado na publicación 32 Creative Quarterly na categoría de ilustración profesional.
  • Seleccionado polo libro Almanaque musical como un dos libros altamente recomendados de 2013 pola Fundación Fundalectura (IBBY Colombia).
  • Seleccionado por Lurzer´s Archive para participar no libro 200 Best Illustrators 2013-2014.
  • Medalla de prata no IWSC (International Wine & Spirit Competition) no apartado de packaging

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Montes, Ana García (12 de setembro de 2004). "David Pintor, ilustrador todoterreno". graffica.info (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  2. "David Pintor cumpre trinta anos como debuxante profesional". biblosclube.com. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  3. M., M. (28 de novembro de 2021). "David Pintor, el caricaturista que ilustra para dejar volar la imaginación". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]