Luís Manteiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Manteiga
Nacemento30 de xullo de 1903
 Santiago de Compostela
Falecemento29 de maio de 1949
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Luís Manuel Antonio Manteiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 1903 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 1949, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha labrega solteira e dun cura. Estudou no Seminario, que abandonou aos 14 anos. Posuía unha ampla cultura e unha sólida formación literaria adquirida de xeito autodidacta. Era de esquerdas, progresista e simpatizante coa revolución soviética. Foi un gran amigo de Luís Seoane, que o pintou en 1931, e asesorou (xunto a Francisco Lamas) a Federico García Lorca cando compuxo o seu primeiro poema en galego. Foi director de Claridad desde a súa fundación até o 5 de maio de 1934, cando renunciou á dirección logo de pasar polo cárcere da Coruña de marzo a maio por delitos da opinión. Despois abandonou Compostela para instalarse en Ourense, onde recibiu axuda do grupo de Otero Pedrayo. Colaborou en xornais locais, na revista Nós, en Alento, Guión, Yunque, Resol, A Nosa Terra, Ser e no suplemento do sábado de La Noche, asinando ás veces cos pseudónimos Sergio Ivaguin ou Anibal Quijano. Participou nos mitins da campaña pro-Estatuto de xuño de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 retornou a Compostela e rematou traballando no Hospital Militar de San Caetano desde 1938 até a súa morte.

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras están o conto “Nocturno”, incluído na recompilación Veinte cuentos gallegos (publicada en Bos Aires en 1941), Zambulón, mundo cerrado, finalista no premio Nadal de 1945, e Lugares y caminos, paisaje en Galicia (1989), editado postumamente. En 2003 Laura Tato reuniu o seu teatro e editouno cun prólogo de Francisco Fernández del Riego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]