Marcelino Martínez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Marcelino Martínez Cao 29 de abril de 1940 (84 anos) Ares, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Marcelino | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1958 - 1969 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá e lingua galega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1964 | Eurocopa de Fútbol España 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marcelino Martínez Cao, nado en Ares o 29 de abril de 1940, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Xogador histórico do Real Zaragoza, co que gañou dúas Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Feiras, é principalmente recordado polo gol que lle anotou a Lev Iashin, porteiro da Unión Soviética, na final da Eurocopa de 1964, co que a selección española gañou o seu primeiro título.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios (1940-1958)
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol nas praias de Ares e logo estivo interno ata os 16 anos no Seminario Maior de Santiago de Compostela, onde continuou xogando ao fútbol.[1][2] Tras deixar o seminario e pasar brevemente polo Numancia de Ares e o Galicia de Mugardos, fichou en 1958 polo Racing de Ferrol, que militaba en Segunda División.[3]
Real Zaragoza (1958-1970)
[editar | editar a fonte]Despois dunha tempada en Ferrol, foi contratado polo Real Zaragoza por unha gran suma de diñeiro.[3] Pouco despois converteuse no primeiro xogador do Zaragoza en ser internacional coa selección española. Xogou no equipo aragonés entre 1959 e 1970 e integrou xunto a Lapetra, Villa, Canário e Santos o grupo de futbolistas coñecido como "os cinco magníficos". Disputou 332 partidos e marcou 119 goles, sendo aínda hoxe o máximo goleador da historia do club. Durante a súa estancia en Zaragoza o equipo gañou os seus primeiros títulos: dúas Copas do Xeneralísimo e a Copa de Feiras de 1964, cun gol de Marcelino na final fronte ao Valencia.
Retirouse aos 29 anos e volveu a Ares, onde se dedicou ao negocio da construción.[1][3]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi 14 veces internacional coa selección española, coa que debutou o 23 de novembro de 1961 nun partido fronte a Marrocos. Na Eurocopa de 1964 pasou á historia como o autor do gol que lle deu á selección española o seu primeiro título. Foi na final disputada o 21 de xuño de 1964 no Estadio Santiago Bernabéu fronte á Unión Soviética. Só dous minutos despois do gol inicial de Pereda no minuto 6, Galimzián Khusainov empatou o partido, e non foi ata o minuto 84 cando Marcelino recibiu un pase de Pereda e cun cabezazo conseguiu bater ao mítico porteiro Lev Iashin, alcumado "a araña negra", para poñer o 2-1 definitivo.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Real Zaragoza
- Copa do Xeneralísimo (2): 1964, 1966.
- Copa de Feiras (1): 1964.
Selección española
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Otero, Pablo M. (17 de xullo de 2011). "Un 'Magnífico' cabezazo que vive ahora del ladrillo". Marca (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ "Marcelino, cuéntame otra vez" (en castelán). 6 de xuño de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Araguas, Vicente. "Entrevista a Marcelino" (PDF) (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020.