Saltar ao contido

Diego Antonio Cernadas Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diego Antonio Cernadas de Castro»)
Modelo:BiografíaDiego Antonio Cernadas Castro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1702 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de marzo de 1777 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Fruíme, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalteoloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoprosa e verso

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 98442 Galiciana: 7762 BNE: XX1206155 BUSC: cernadas-de-castro-diego-antonio-1702-1777

Diego Antonio Cernadas y Castro, máis coñecido como O Cura de Fruíme, bautizado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1702[1] e finado en Fruíme (Lousame) o 30 de marzo de 1777, foi un sacerdote e escritor galego. A maior parte dos seus escritos están en lingua castelá, pero tamén escribiu en lingua galega. Segundo Xosé Manuel Rivas Troitiño, Fruíme quizais fora o escritor de maior produción en galego nese século. Ademais, xustificou o uso do galego como idioma literario nunhas décimas á marquesa de Camarasa. Para Benito Vicetto, Antonio Neira de Mosquera ou Antonio Couceiro Freijomil foi o poeta máis popular que houbo en Galicia.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Antonio Zernadas, escribán da Universidade de Santiago de Composela, e de María de Castro. Coma o seu pai, adoitaba escribir o seu primeiro apelido con zeta (Zernadas). Foi bautizado na Igrexa de San Frutuoso de Santiago. Estudou latín cos xesuítas,[3] foi ordenado sacerdote e acadou o grao de bacharel en Teoloxía pola USC o 31 de xaneiro de 1729. Tomou posesión do curato de Fruíme con 28 anos, manténdose na parroquia ata a súa morte.[3]

Foi arcipreste de Posmarcos de Arriba e fomentou na parroquia o cultivo do millo.

Os seus restos, atopados en 1958, consérvanse na capela das Dores da igrexa parroquial de San Martiño de Fruíme, baixo unha lápida cunha loanza dos veciños. Na súa honra leva o seu nome o CPI de Lousame, construído en 1977 no lugar da Silva.[4]

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
Obras do Cura de Fruíme no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Escribiu obras de teatro sinxelas, coas que ensinaba a ler á veciñanza e explicaba algúns dos misterios da relixión. Gañou un premio poético en Murcia. Foi autor tamén de obras en prosa e en verso na defensa de Galicia e das inxustizas en xeral.[3]

Logo da súa morte imprimíronse en Madrid as Obras en prosa y verso del cura de Fruime D. Diego Antonio Cernadas y Castro, natural de Santiago de Galicia (1778-1781), coleccionadas polos seus amigos en sete volumes.[2] Inclúen doce (ou trece, segundo o criterio) textos en lingua galega.[5] Xosé María Álvarez Blázquez engadiu outros tres atopados nos papeis de Salvador Cabeza de León.[5] Pardo de Neyra encontrou un manuscrito nunha biblioteca particular da Coruña con tres composicións máis, ademais doutras cinco nun documento achado na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.[5]

Escultura do Cura de Fruime.
TOMO I, 1778 (PDF)
TOMO II, 1778 (PDF)
TOMO III, 1779 (PDF)
TOMO IV, 1779 (PDF)
TOMO V, 1780 (PDF)
TOMO VI, 1780 (PDF)
TOMO VII, 1781 (PDF)
  1. Herrera Navarro, Jerónimo. "Diccionario Biográfico Español" (en castelán). Real Academia de la Historia. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Ibarra, J., ed. (1988) [1778-1781]. Obras del cura de Fruíme (facsímile). 7 vols. Lugo [Madrid]: Alvarellos. ISBN 84-85311-74-4. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2025-06-19. 
  4. CPI plurilingüe Cernadas de Castro Xunta de Galicia.
  5. 5,0 5,1 5,2 Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853. Edicións Xerais de Galicia. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]