Pilocha
Pilocha | |
---|---|
Nome completo | Pilar Martínez Conde |
Data nacemento | 29 de xullo de 1957 |
Nado en | Vigo |
Ocupación | cantante |
Xénero | Música galega |
Instrumento(s) | voz |
Relacionado con | Milladoiro |
Tempo en activo | dende 1978 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pilar Martínez Conde, "Pilocha",[1] nada en Vigo o 29 de xullo de 1957, é unha cantante galega.[2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesora nunha escola de música en Lugo.[4]
Comezou a cantar formando parte de grupos como De catro a catro e Roi Xordo, e tamén do Movemento Popular da Canción Galega. Foi contralto do Grupo Universitario de Cámara de Compostela, co que gravou o primeiro disco da formación, cantando as cantigas de Martín Códax e Afonso X.[2]
No ano 2000 gravou con Milladoiro a canción da Marcha Mundial de Mulleres que representa a Galicia, cun texto de Carmen Blanco.[5] En 2006 formou grupo con Xavier Constenla, Quique Alvarado e Miguel Cabana, cos que fixo unha xira pola Arxentina e o Uruguai convidados pola Consellería de Cultura da Xunta.
En 2007, colaborou coa súa voz no espectáculo poético musical Memoria do 36 da compañía Teatro do Atlántico, con música de Xavier Constenla, narración de Xosé Luís Bernal, baixo a dirección de Xulio Lago.[6] Coa mesma compañía fixo de asesora musical e auxiliar de dirección en A bombilla máxica de Woody Allen.[7]
En 2010 fixo recitais con poético-musicais con María Barcala, recitais poético-musicais polos Institutos de ensino secundario de Galiza.[8]
Presentou e dirixiu na Televisión local de Lugo un programa mensual consistente nunha tertulia de mulleres que levaba por título Feminino Plural e que permaneceu en antena varios anos.[2]
En 2016 preparou unha zarzuela en galego Unha lúa para Belido. O libreto é orixinal de Ramón Area (novelista), a música de Vadim Yukhnévich (Banda Crebinsky), os textos da propia Pilocha e a dirección de escena de María Barcala.[4][9]
En 2022 a Deputación da Coruña informou do nacemento do ciclo Pioneirxs da música galega, unha serie de concertos nos que se interpretan álbums que "marcaron a historia recente da música galega e en galego". O concerto inaugural é a cargo de Pilocha.[10]
Traballos[editar | editar a fonte]
- Pilocha (1978). Serie “Xeira” de MoviePlay, reeditou en formato CD Fonomusic. Contén cancións moi coñecidas como “O sancristán de Coimbra” e “Alecrín”.
- O Sacristão De Coimbra (1979). Single. Movieplay.
- Nenos orfos (1979). Single. Movieplay.
- Gallaecia Fulget (1995), disco de Milladoiro no que gravou unha canción que conmemora o V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela.
- A cantar con Xabarín (1996). Segunda entrega do Xabarín Club no que colabora cunha canción: "Se ti viras".
- Calamidá sentimental (1998). Xerais Media. Con Antón Seoane sobre textos de amor escritos por mulleres da poesía galega. Participaron Rodrigo Romaní, Laura Quintillán, Quico Paz Antón do grupo Na lúa, Anxo Pintos de Berrogüeto e o grupo Leilía. Son 11 cancións.
- Lambón, cancións para os croques (2004). Con Antón Seoane e xunto con outros moitos colaboradores, orientado a público infantil. Nas trece pistas colaboraron Carlos Blanco, Laura Amado, Lara, Harry C, Roi Casal, El Maestro Reverendo e San Escalera. Hai textos de Neira Vilas, Manuel María e Antón García Teixeiro.[11]
- O quiquiriquí: Cantos para o Nadal (2007). Unha canción.[12]
- A volta dos nove (2008). Instituto de Estudos Miñoranos. Libro multimedia no que Pilocha canta textos de Méndez Ferrín en homenaxe a nove veciños do Val Miñor asasinados en outubro de 1936.[13]
Premios[editar | editar a fonte]
- 1999: Calamidá sentimental foi premiado como mellor traballo melódico nos Premios Luar da TVG.
- Premio da Música 2007 do Orfeón Lucense.[14]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Pilar Martínez Conde Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Pilocha". www.gzmusica.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ 4,0 4,1 Diario, Nós. "Pilocha regresa cunha zarzuela en galego". Nós Diario. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Feminismo Galego". www.feminismo.info. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Teatro do Atlántico presenta «Memoria do 36»". La Voz de Galicia. 2007-05-02. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Teatro do Atlántico representa "A bombilla máxica" de Woody Allen o venres no Teatro Municipal Concello de Tui". tui.gal. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Teatro do Atlántico presenta «Memoria do 36»". La Voz de Galicia. 2007-05-02. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ Galiciae. "Tags Unha lúa para Belido". Galiciae. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ Diario, Nós. "Pilocha e Casabella darán inicio ao ciclo ‘Pioneirxs da música galega’ na Coruña". Nós Diario. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ culturagalega.org (2004-06-30). "Música pícara". culturagalega.org. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ Losada, Óscar (2007-01-15). "`O Quiquiriquí´, un álbum no que se recollen diferentes cantos de Nadal". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "O Instituto de Estudos Miñoranos publica unha homenaxe artística a nove represaliados en 1936". La Voz de Galicia. 2008-04-05. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Premios da Música 2007 do Orfeón Lucense.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Martínez Conde, Pilar". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 281.
- "Pilocha". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.