Pepito Arriola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pepito Arriola
José Arriola.jpg
Nacemento14 de decembro de 1896
 Betanzos
Falecemento24 de outubro de 1954
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpianista
editar datos en Wikidata ]

José Rodríguez Carballeira, nado en Betanzos o 14 de decembro de 1895 e finado en Barcelona o 24 de outubro de 1954, foi un músico galego, destacando fundamentalmente como pianista, pero tamén como compositor e violinista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pepito Arriola (1901).

Fillo de solteira de Josefa Rodríguez Carballeira, foi inscrito no rexistro en Betanzos cos apelidos de súa nai por non ter pai coñecido, aínda que sempre o chamaron polo seu segundo apelido do seu avó materno, de orixe vasca. Cando súa nai se foi a Madrid quedou ao cargo da irmá de esta, Aurora Rodríguez Carballeira (nai de Hildegart, á súa vez curmá de Pepito), que foi quen o educou.

Tras descubrir as súas habilidades, a nai reclamouno e levouno a Madrid a comezos de novembro de 1899, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista. O seu primeiro recital foi o 4 de decembro de 1899 na casa dos señores Montano, asistindo unhas 300 persoas e incluíndo no programa a Marcha Real e a Alborada de Pascual Veiga. Tocou no Ateneo o 2 de febreiro de 1900 e deu un concerto con seis obras propias ese mesmo ano no Palacio Real. A raíña apadriñou o neno e pagou os seus estudos musicais.

A nai e o rapaz trasladáronse a Alemaña en 1902. Arriola estudou no conservatorio de Berlín con Richard Strauss e tocou coa Filharmónica de Berlín baixo a Dirección de Nikisch, sendo elixido pianista da corte de Guillerme II. Deu xiras por todo o mundo con enorme éxito, incluíndo os Estados Unidos (na Metropolitan Opera e no Carnegie Hall entre outros) e unha extensa xira por Cuba en 1910. Foi unha das figuras da música alemá da época, até que en 1946 tivo que volver a España, onde non volveu ter éxito e sempre foi Pepito, o neno prodixio.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Aurora, habanera (piano) 1898
  • Impresiones argentinas (piano), publicadas en "Mundial Música, año I, nº 8-9 (agosto-setembro 1916), 1916
  • Hommage à Manuel de Falla/Homenaxe a Manuel de Falla (piano), 1942

Postumamente descubríronse 11 obras escritas en Barcelona tras o seu regreso:

Rondalla Airiños da miña terra de Ferrol, con su presidente el general D. Andrés A. Comerma.jpg
  • Divertimento concertante para 2 pianos e orquestra de cordas con frauta obrigada, 1946
  • Tres textos cervantinos para voces e orquestra (: 2333-4231-Tp.-Cordas), 1946
    • I: "Aqui lloró Don Quijote", para Soprano, Contralto, Barítono e Baixo.
    • II: "Mal me guardaréis", para Soprano
    • III: "Marinero soy de amor", para Barítono
  • Tres textos cervantinos, redución para 2 pianos, 1947
  • Concerto para corno (trompa) e orquestra (: 2022-0000-Tp.-Cordas), 1948
  • Schlichte Weise para violín e piano, 1948
  • Song para Soprano e piano (texto de Christina Georgina Rossetti), 1948
  • Don Quixote in DM, 1949
  • Seis poesías de Antonio Machado para Baritono e orquestra (: 2222-4231-Tp., perc.-Cordas), 1949
  • Cuarteto en Dó maior para cordas, 1949
  • Pequena serenata para cello e piano, 1951
  • Concertino para piano e orquestra (: 2332-4131-Tp.-Cordas), 1953

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]