Daniel González Alén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Daniel González Alén, nado en Lalín o 14 de agosto de 1951, é un escritor e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Daniel González González "O Tío Xanete" animador cultural e personaxe moi coñecido e estimado na comarca de Deza. Traballou no sector da banca, sendo director da sucursal do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria en Lalín; anteriormente dirixiu as sucursais de Silleda e Ribadavia.

Colaborou en El Correo Gallego (1973-1976) e A Nosa Terra (1983-1986) e despois en La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Tamén colaborou nas emisoras Radio Lalín, Radio Pontevedra, Radio Nacional de España (1981-1985) e Radio Noroeste (1987-1993). Ten participado en numerosos programas na TVG e na TVE. Foi correspondente do Museo de Pontevedra e membro do Padroado Cultural de Lalín e do Seminario de Estudos de Deza.

Traballou como director e guionista do grupo Deza Cinema Galego e participando nas películas O campo galego, Fiadeiras de Zobra, Consello do compadre, Loita, Lalín, Cantigas da emigración e Santuario do Faro, premiadas en numerosos festivais de cine aficionado como o de Vilagarcía de Arousa, Vigo e Lugo, e proxectándoas en centos de parroquias e vilas de Galicia entre 1976 e 1985. Dirixiu o xornal La Defensa de Lalín (1980) e colaborou, ademais, na redacción da Gran Enciclopedia Galega.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2008 obtivo o "XV Premio Nacional de Periodismo Alvaro Cunqueiro"; en 2015 recibiu a distinción "Lalinense do Ano 2015. Traxectoria de toda unha vida" en recoñecemento ao seu labor como cronista da vila de Lalín e a prol do estudo e divulgación da historia e do patrimonio da comarca de Deza e ao ano seguinte e polo mesmo motivo recibiu a máxima distinción que outorga o Concello de Lalín, a "Folla de Carballo na modalidade de Ouro". Tamén en 2016 a Asociación Cultural A Carballeira de Cercio tributoulle un recoñecemento público polo seu labor de "toda unha vida" a prol da cultura galega e dezá en particular.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Hijos ilustres de Lalín: El aviador Loriga (1976).
  • Silleda, la tierra de Trasdeza en la Galicia Central (1978).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]