José Puente Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Puente Castro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de febreiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Luis Puente Domínguez Editar o valor em Wikidata
Premios

José Puente Castro, nado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1883 e finado na mesma cidade o 7 de febreiro de 1963[1], foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Cirurxián, visitou centros cirúrxicos europeos e todos os anos ía a París para asistir a cursos de cirurxía. En 1926 creou un sanatorio privado en Santiago de Compostela, o sanatorio de San Agustín. Foi profesor auxiliar da Facultade de Medicina e profesor honorario da USC. Asinou o manifesto de intelectuais. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 marchou á fronte de Asturias incorporándose no Hospital de Luarca. En setembro de 1936 foi nomeado médico militar do Hospital de Guitiriz. Foi nomeado delegado civil gobernativo de Santiago de Compostela en outubro substituíndo ao comandante Manuel García Diéguez[2]. Permaneceu só uns días como Alcalde, pois o 16 de outubro o Gobernador da Coruña alegando incompatibilidade co cargo de médico de Hospital de Guitiriz ordenou substituílo por Juan Varela de Limia García[3].


Predecesor:
Manuel García Diéguez
 
Alcalde de Santiago
 
1936
Sucesor:
Juan Varela de Limia García

Obras[editar | editar a fonte]

Ademais da súa tese de doutoramento Grandes abscesos del hígado (1912), publicou traballos científicos en revistas especializadas e un libro sobre cirurxía vascular. Tamén publicou artigos que asinaba co pseudónimo Dr. Veritas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foille concedida a Gran Cruz da Beneficencia e fundou unha bolsa para mozos cirurxiáns que desexaran completar a súa formación no estranxeiro.

O Concello de Santiago nomeouno fillo predilecto e púxolle o seu nome a unha praza no Ensanche da cidade.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en maio de 1916 con Matilde Domínguez Benavides,[4] filla de Manuel Domínguez Sánchez e irmá de Manuel e José Domínguez Benavides, e entre os seus fillos tivo a José Luis Puente Domínguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 8-2-1963, p. 13.
  2. El Compostelano, 13-10-1936, p. 1.
  3. El Compostelano, 17-10-1936, p. 2.
  4. El Correo de Galicia, 17-5-1916, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]