Tonhito de Poi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tonhito de Poi
Nome completoAntón Axeitos Ares
Nacemento27 de novembro de 1969
OrixeCastiñeiras
OcupaciónMúsico, showman
XéneroRock
Instrumento(s)Guitarra, voz
Relacionado conHeredeiros da Crus
A Banda de Poi
Tonhito de Poi e Rasa Loba
Tempo en activodende 1992
Na rede
http://tonhitodepoi.gal
editar datos en Wikidata ]

Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969[1], é un artista polifacético galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Heredeiros da Crus[editar | editar a fonte]

Foi patrón maior de barco, traballando no mar durante cinco anos até que se dedicou á música. En 1992 xuntou a varios mozos da contorna para crear Heredeiros da Crus. Comezaron ensaiando nun galiñeiro e ese mesmo ano deron o seu primeiro concerto na festa da Dorna. En 1994 gravaron o seu primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba. Durante os dez anos seguintes gravaron sete discos máis e deron concertos por toda Galicia e fóra dela, converténdose nunha banda referente do rock galego e en galego.

Separación e novos proxectos[editar | editar a fonte]

En 2005, os membros de Heredeiros separáronse, despois de que Tonhito anunciara que deixaba a banda.[2] Xunto a outros músicos portugueses, creou outro grupo, A Banda de Poi, coa que sacou un disco: Mór. Tras numerosos problemas o grupo disolveuse pouco despois. En 2007 emprendeu un novo proxecto con Tonecho España, Poni e Hugo Machado, estes dous últimos portugueses, chamado Tonhito de Poi e Rasa Loba.[3][4] Con este grupo sacou un disco: Instinto.[5][6]

Regreso dos Heredeiros[editar | editar a fonte]

En 2012, os Heredeiros da Crus anunciaron a súa reunión para un concerto en Ordes, na discoteca LP-45.[7] As 3.500 entradas esgotáronse en 48 horas[8] e o concerto foi un gran éxito, polo que o que ía ser un único concerto de reunión[9] acabou por converterse nunha xira e na volta definitiva da banda, que continúa en activo. Publicaron dous novos discos e xiraron de novo por toda Galicia e fóra dela (Madrid, Barcelona, Bilbao ou Ponferrada foron algúns dos lugares onde actuaron).[10]

Ademais, paralelamente aos Heredeiros, Tonhito sacou en 2013 un libro-disco en solitario titulado O soro da verdade, que recolle as súas vivencias durante a viaxe que realizou ás selvas da Amazonía. Sobre esta viaxe tamén realizou un documental, O Despertar da Anaconda.[11] Tamén en 2013 volveu retomar a A Banda de Poi, para unha serie de concertos, pero con nova formación, manténdose el só dos membros da primeira etapa. Acompañárono esta vez Pulpiño Viascón, Quique Otero e Pablo Pérez.[12]

En 2019, publicou un novo libro-disco en solitario, que ten por título Non hai onde esconderse, con colaboracións de Cuchús Pimentel, Rubén Reinaldo e Lucía Pérez.[13][14]

Radio e televisión[editar | editar a fonte]

Fóra da música, Tonhito tamén se adicou a outros ámbitos do espectáculo, como a radio e a televisión. Traballa na Radio Galega dende 1995[15] e como actor, foi o encargado de encarnar a Xan Rei na serie Rías Baixas, da TVG. Tamén participou no programa Con perdón, e foi guionista do famoso Show dos Tonechos, así como de Land Rober.[16] Fundou a súa propia produtora, 'Cabezas Quentes', e tivo unha pequena participación no programa Entre familias anda o xogo, presentado por Roberto Vilar. Tamén tivo unha pequena aparición na serie Pratos combinados así como nos filmes Entre bateas e Agallas.[17]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Heredeiros da Crus[editar | editar a fonte]

Con A Banda de Poi[editar | editar a fonte]

Con Tonhito de poi e Rasa Loba[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Series de TV[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Díaz Ageitos, A. (2018). Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 191. ISBN 9788491214304. 
  2. "Tonhito de Poi deja Heredeiros da Crus para crear su grupo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2005. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  3. "Tonhito de Poi faise de 'rasa loba'". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  4. http://www.myspace.com/rasaloba
  5. "Vidas paralelas en la música y en el sector audiovisual". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  6. "«O disco 'Instinto' está gravado en analóxico e é unha volta ás orixes»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2008. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  7. "Heredeiros da Crus vuelven a los escenarios por su 20 aniversario". El Mundo (en castelán). 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  8. "El ‘jran día’ de Heredeiros". El País (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  9. "Os Heredeiros da Crus volven aos escenarios para celebrar o seu 20 aniversario". 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  10. "Heredeiros da Crus visitarán Bilbao, Barcelona, Madrid e Ponferrada en febreiro". Galicia Confidencial. 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  11. "O DESCUBRIMENTO DA AMAZONÍA". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  12. "A Banda de Poi regresa cun salto internacionalista e música 'chamánica'". Sermos Galiza. 14 de setembro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  13. "Tonhito de Poi comparte a súa experiencia amazónica en 'Non hai onde esconderse'". 4 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  14. "Presentación novo disco". www.tonhitodepoi.gal. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  15. "Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus): “Estamos todos emocionados por volver a Vigo”". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  16. "La alternativa al fútbol de TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de novembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  17. "Filmografía de Tonhito de Poi". IMDb (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]