Florencio Delgado Gurriarán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Florencio Delgado Gurriarán
Nome completo Florencio Manuel Delgado Gurriarán
Nacemento 27 de agosto de 1903
Lugar Córgomo (Vilamartín de Valdeorras)
Falecemento 14 de maio de 1987
Lugar California
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Valladolid
Ocupación escritor e político
Xéneros poesía
Estudos Dereito
editar datos en Wikidata ]

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Palencia, onde estaba destinado o pai. Fixo estudos superiores na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, pasando a exercer como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 ingresou no Partido Galeguista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou escapar da represión iniciada en Valdeorras polos sublevados, ata chegar a Porto, desde onde puido trasladarse a Bordeos (Francia) para chegar á Barcelona republicana en xaneiro de 1938. Nese mesmo ano accedeu á executiva do PG como Secretario de Propaganda; trala guerra civil marchou ao exilio a México, país no que se estableceu definitivamente. Foi un dos fundadores da revista Vieiros.

Volveu temporalmente a Galiza en 1968, 1976 e 1981. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1] Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.

As súas cinzas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo de 1987.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Membros correspondentes da RAG
  2. "Delgado Gurriarán, Florencio Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 324. 
  3. Cancioneiro da loita galega. Sada, A Coruña: Ediciós do Castro. 1996.  Reedición facsímile (Primeira edición, México 1943. Ed. Partido Galeguista). ISBN 84-7492-805-2
  4. Lama López, María Xesús (2006). "A Guerra Civil española na obra dos escritores exiliados galegos". Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos. Editorial Galaxia. p. 40. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]