Xosé María Chao Ledo
Nome orixinal | (gl) Xosé María Chao Ledo (es) José María Chao Ledo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de setembro de 1844 Vilalba, España |
Morte | 9 de xullo de 1894 (49 anos) Vilalba, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, poeta |
Xosé María Chao Ledo, nado e Vilalba o 30 de setembro de 1844 e finado na mesma vila o 9 de xullo de 1894, foi un sacerdote e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de labregos, estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo. Foi párroco de Santalla, San Xurxo de Rioaveso, Santiago de Cuíña e Santa María de Luía. Foi un verdadeiro poeta popular "que soubo expresarse nun galego enxebre" e do que Carvalho Calero louva a súa naturalidade. O seu biógrafo Lence Santar cualifícao de "crego sabido, sinxelo, falangueiro, amigo de dar esmolas e amante, como poucos da terra galega". O seu sobriño-neto, o escritor Xosé Chao Rego, no mesmo libro fala da "paixón telúrica" que manifesta o amor á Terra que tiña Xosé María Chao.
En 1871 estreou en Mondoñedo Noite Boa de 1871.
Obras
[editar | editar a fonte]- Poesías en gallego y castellano (inéditas) de Don José María Chao Ledo, 1930.
- Poemas galegos, 1976, Ediciós do Castro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. pp. 461–462. ISBN 84-7154-390-7.
- Eduardo Lence-Santar, "Notas biográficas de D. Xosé María Chao Ledo", en X. Mª Chao Ledo, Poemas galegos, Ed. do Castro, A Coruña 1976.